Novas
ADEMAIS DOS TEMAS DESTE NOVO EP, A ACTUACIÓN DE MAÑÁ INCLÚE A PROXECCIÓN NO EXTERIOR E INTERIOR DO TEATRO DOS VÍDEOS REALIZADOS POLA CREADORA OLAIA SENDÓN
[21/10/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá venres 22, ás 21.30 horas, o concerto de presentación do novo traballo discográfico de Silvia Penide,
Las Erres Dobles, co que a cantante coruñesa se consolida como unha das voces destacadas no panorama musical actual. A actuación pecha a segunda entrega do programa "ST Música Presente", creado pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) co obxectivo de facilitar a promoción especial de novos traballos discográficos galegos a través de actuacións dirixidas preferentemente a un público especializado, pero abertas tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible.
A PARTIR DA ADAPTACIÓN DE PAULA CARBALLEIRA, ESTA VERSIÓN LIBRE DE "ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS" PROPÓN UNHA VIAXE AO MUNDO DOS SOÑOS PARA REFLEXIONAR SOBRE A ACTUALIDADE
[13/10/2010] A compañía viguesa A Producións Artísticas porá en escena este venres 15 e o sábado 16 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago
Alicia & Alicia, un espectáculo de teatro e danza con apoio audiovisual dirixido ao público adulto. Trátase dunha versión libre e actual do clásico de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas, a partir da adaptación realizada por Paula Carballeira, que convida a reflexionar sobre a actualidade mergullándose no mundo do inconsciente.
BAIXO A DIRECCIÓN DE SERXIO COBOS, A COMPAÑÍA PONTEVEDRESA REPRESENTA A DUCIA DE HISTORIAS TEATRALIZADAS QUE SE RECOLLEN NO DVD HOMÓNIMO EDITADO POR CUMIO
[12/10/2010] A compañía pontevedresa Bruma protagoniza mañá mércores, ás 21.30 horas no Salón Teatro de Santiago, unha nova actuación do programa "ST Música Presente", no marco do que presentará o seu DVD
Nove espellos e unha caixa de música, editado por Cumio como resultado da gravación do espectáculo homónimo. Baixo a dirección artística e musical de Serxio Cobos, esta iniciativa mestura elementos circenses, toques teatrais e a atemporalidade da danza tradicional, clásica e contemporánea.
ESTA PRODUCIÓN, NA QUE O CINEASTA ÁLEX SAMPAYO DEBUTA COMO DIRECTOR TEATRAL, ESCENIFICARASE O SÁBADO 9 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 10 ÁS 18.00 H
[07/10/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía compostelá Redrum Teatro, que ofrecerá dúas funcións (sábado 9 ás 20.30 horas e o domingo 10 ás 18.00 h) de
A pensión, obra de suspense que supón a primeira incursión teatral do cineasta lalinense Álex Sampayo. Rosa Álvarez, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo protagonizan esta creación escénica, que explora as consecuencias da soidade mergullándose nun mundo interior complexo, produto do abandono, do illamento e da falta de comunicación.
MARÍA TORRES CREOU E DIRIXIU ESTA PROPOSTA ESCÉNICA QUE FUNDE TEATRO FÍSICO, DANZA, VÍDEO E ARTES PLÁSTICAS
[30/09/2010] A compañía galego-portuguesa Elefante Elegante actuará por vez primeira no Salón Teatro de Santiago de Compostela con dúas funcións (venres 1 e sábado 2 ás 20:30 horas) da súa última proposta escénica. Baixo o título de
In e con dirección de María Torres, a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece desta volta un espectáculo sensitivo e universal que indaga a representación contemporánea da figura social e que se sirve da fusión do teatro físico coa danza, o vídeo e as artes plásticas como vehículo de expresión.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
| 141 |
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes