AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A COMPAÑÍA RECUPERA ESTA PEZA DE MIGUEL ANXO MURADO QUE XA REPRESENTARA HAI 15 ANOS E QUE SITÚA NA ÉPOCA BARROCA A UN GRUPO DE ACTORES PERCORRENDO O CAMIÑO DE SANTIAGO

Teatro do Noroeste ofrece no Salón Teatro seis funcións da comedia alegórica "Historias peregrinas"

Documento anexo[26/10/2010] Teatro do Noroeste ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago un total de 6 funcións do seu espectáculo Historias peregrinas, unha nova versión da comedia alegórica escrita por Miguel Anxo Murado e que a compañía que dirixe Eduardo Alonso xa estreara hai 15 anos. O público xeral terá oportunidade de ver a peza o xoves 28, o venres 29 e sábado 30 ás 20.30 h e o domingo 31 ás 18.00 h; en tanto que haberá ademais dous pases matinais previos dedicados a alumnos de ensino secundario o mércores 27 e o xoves 28 ás 11.00 h.
ADEMAIS DOS TEMAS DESTE NOVO EP, A ACTUACIÓN DE MAÑÁ INCLÚE A PROXECCIÓN NO EXTERIOR E INTERIOR DO TEATRO DOS VÍDEOS REALIZADOS POLA CREADORA OLAIA SENDÓN

O Salón Teatro acolle o concerto-presentación do novo traballo discográfico de Silvia Penide, "Las erres dobles"

Documento anexo[21/10/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá venres 22, ás 21.30 horas, o concerto de presentación do novo traballo discográfico de Silvia Penide, Las Erres Dobles, co que a cantante coruñesa se consolida como unha das voces destacadas no panorama musical actual. A actuación pecha a segunda entrega do programa "ST Música Presente", creado pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) co obxectivo de facilitar a promoción especial de novos traballos discográficos galegos a través de actuacións dirixidas preferentemente a un público especializado, pero abertas tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible.
A PARTIR DA ADAPTACIÓN DE PAULA CARBALLEIRA, ESTA VERSIÓN LIBRE DE "ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS" PROPÓN UNHA VIAXE AO MUNDO DOS SOÑOS PARA REFLEXIONAR SOBRE A ACTUALIDADE

A Producións Artísticas presenta no Salón Teatro "Alicia & Alicia", unha revisión da obra de Lewis Carroll para público adulto

Documento anexo[13/10/2010] A compañía viguesa A Producións Artísticas porá en escena este venres 15 e o sábado 16 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago Alicia & Alicia, un espectáculo de teatro e danza con apoio audiovisual dirixido ao público adulto. Trátase dunha versión libre e actual do clásico de Lewis Carroll Alicia no país das marabillas, a partir da adaptación realizada por Paula Carballeira, que convida a reflexionar sobre a actualidade mergullándose no mundo do inconsciente.
BAIXO A DIRECCIÓN DE SERXIO COBOS, A COMPAÑÍA PONTEVEDRESA REPRESENTA A DUCIA DE HISTORIAS TEATRALIZADAS QUE SE RECOLLEN NO DVD HOMÓNIMO EDITADO POR CUMIO

Continúa o programa ST Música Presente co espectáculo de Bruma "Nove espellos e unha caixa de música"

Documento anexo[12/10/2010] A compañía pontevedresa Bruma protagoniza mañá mércores, ás 21.30 horas no Salón Teatro de Santiago, unha nova actuación do programa "ST Música Presente", no marco do que presentará o seu DVD Nove espellos e unha caixa de música, editado por Cumio como resultado da gravación do espectáculo homónimo. Baixo a dirección artística e musical de Serxio Cobos, esta iniciativa mestura elementos circenses, toques teatrais e a atemporalidade da danza tradicional, clásica e contemporánea.
ESTA PRODUCIÓN, NA QUE O CINEASTA ÁLEX SAMPAYO DEBUTA COMO DIRECTOR TEATRAL, ESCENIFICARASE O SÁBADO 9 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 10 ÁS 18.00 H

A compañía compostelá Redrum Teatro representa esta fin de semana no Salón Teatro a obra de suspense "A pensión"

Documento anexo[07/10/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía compostelá Redrum Teatro, que ofrecerá dúas funcións (sábado 9 ás 20.30 horas e o domingo 10 ás 18.00 h) de A pensión, obra de suspense que supón a primeira incursión teatral do cineasta lalinense Álex Sampayo. Rosa Álvarez, Tamara Canosa e Guillermo Carbajo protagonizan esta creación escénica, que explora as consecuencias da soidade mergullándose nun mundo interior complexo, produto do abandono, do illamento e da falta de comunicación.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 | 142 | 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal