Novas
OS XEMELGOS LUIS JAVIER E MIGUEL ANGEL CÓRDOBA PELEGRÍN PORÁN EN ESCENA ESTA MONTAXE XESTUAL MAÑÁ SÁBADO E O DOMINGO 27 ÁS 21.30 HORAS
[25/06/2010] A programación de Circo Europa-I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe continúa esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo
Mi otro yo, da recoñecida formación hispano-belga Doble Mandoble. Maxia, acrobacia e teatro xestual mestúranse nesta montaxe que os xemelgos Luis Javier e Miguel Angel Córdoba Pelegrín porán en escena o sábado 26 e o domingo 27 ás 21.30 horas. Esta primeira edición do evento, que organiza o Centro Dramático Galego como entidade asociada á iniciativa Novos Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe-JTCE), estenderase ata o vindeiro martes 29 coa celebración da I Circo Europa Party que coordinará a asociación Pistacinco.
FRED CARDON E JEAN-MICHEL GUY, DIRECTOR E PRESIDENTE DO XURADO DE JEUNES TALENTS CIRQUE EUROPE, MODERARÁN SENLLOS COLOQUIOS MAÑÁ E O VENRES A PARTIR DAS 20.00 H
[23/06/2010] A programación aberta ao público de Circo Europa (I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe) continuará mañá xoves 24 e o venres 25, a partir das 20.00 horas, coa celebración no Salón Teatro de Santiago de dous debates sobre a situación actual do novo circo a nivel europeo. O Centro Dramático Galego (CDG) deseñou esta carteleira pública, na que tamén figuran os últimos espectáculos das compañías O Retrete de Dorian Gray e Doble Mandoble e a I Circo Europa Party, como xeito de compartir tanto coa cidadanía como coa comunidade artística que se dedica ao novo circo en Galicia esta primeira edición do evento, que a compañía pública galega organiza como entidade asociada á iniciativa Novos Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe-JTCE).
A MONTAXE "MI OTRO YO", DA COMPAÑÍA HISPANO-BELGA DOBLE MANDOBLE, E A I CIRCO EUROPA PARTY COMPLETAN A CARTELEIRA DE EXHIBICIÓN DESTA PRIMEIRA EDICIÓN DO EVENTO
[21/06/2010] A compañía galega O Retrete de Dorian Gray protagoniza mañá a primeira das actividades públicas de Circo Europa-I Encontro Jeunes Talents Cirque Europe coa posta en escena do espectáculo
Rúa Aire ás 21.30 horas no Salón Teatro. O espazo compostelán acolle a programación aberta ao público desta primeira edición do evento, que organiza en Santiago o Centro Dramático Galego (CDG) e na que tamén se inclúen o espectáculo
Mi otro yo da formación hispano-belga Doble Mandoble (sábado 26 e domingo 27, ás 21.30 h) e a I Circo Europa Party (martes 29, ás 21.30), así como dous debates sobre a situación actual do novo circo a nivel internacional (xoves 24 e venres 25, ás 20.00 h).
O CDG ORGANIZA ESTE I ENCONTRO JEUNES TALENTS CIRQUE EUROPE, QUE DO 17 AO 29 DE XUÑO CONGREGA EN SANTIAGO 70 ARTISTAS EMERXENTES E PROFESIONAIS DE 12 PAÍSES
[16/06/2010] Circo Europa, primeira edición do Encontro Jeunes Talents Cirque Europa, inaugura mañá un amplo programa de actividades que ata o vindeiro martes 29 de xuño congregará en Santiago un total de 70 artistas emerxentes e profesionais do novo circo e das artes escénicas procedentes de 12 países. O Centro Dramático Galego (CDG) é a entidade encargada da organización desta primeira experiencia europea, que combina unha vertente estritamente formativa coa exhibición de espectáculos e outras actividades abertas tanto ao público xeral como á comunidade artística que se dedica ao novo circo en Galicia.
AS SÚAS ACTUACIÓNS, QUE TERÁN LUGAR MAÑÁ MARTES DÍA 15 ÁS 20.30 HORAS, ENMÁRCANSE NO PROGRAMA CULTURAL "ÁFRICA VIVE"
[14/06/2010] O programa cultural
África Vive —unha iniciativa do consorcio Casa África que achega o continente veciño a 12 cidades españolas a través dun amplo calendario de actividades— presenta no Salón Teatro de Santiago, mañá martes 15 de xuño ás 20.30 horas, dous espectáculos de danza contemporánea interpretados por Ciré Beyè (na imaxe) e Auguste Ouedraogo. Organizado para conmemorar o día de África (25 de maio), o programa África Vive celebra a súa segunda edición consecutiva e chega por primeira vez a Galicia grazas a colaboración da Consellería de Cultura e Turismo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
| 143 |
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
| Seguintes