Novas
TEATRE LLIURE, TEATRO DO ATLÁNTICO, SALA MUNTANER, VOADORA E FAMILIE FLÖZ FIGURAN TAMÉN NA CARTELEIRA, ADEMAIS DOS CONCERTOS DE CASA DE FADOS, MONO E JUANA MOLINA
[10/02/2010] O Salón Teatro de Santiago inicia a partir de mañá un novo ciclo de programación trimestral coa posta en escena da última proposta de Teatro do Morcego,
Saltimbanquis, un espectáculo musical especialmente pensado para público infantil e familiar (na imaxe). A compañía galega protagonizará as primeiras catro funcións do total de 21 que conforman esta carteleira, na que tamén figuran
Après moi, le déluge de Teatre Lliure,
O xogo de Yalta. Afterplay de Teatro do Atlántico,
Genet-Las criadas de Sala Muntaner,
Super8 de Voadora en coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) e
Hotel Paradiso de Familie Flöz.
MÁIS DE 2.000 ESPECTADORES ASISTIRON XA ESTA PRIMEIRA POSTA EN ESCENA DA OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO
[04/02/2010] Máis de 2.000 espectadores asistiron ata o momento á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
As actas escuras, que esta fin de semana ofrecerá as súas tres últimas funcións no Salón Teatro de Santiago (venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e domingo 7, ás 18.00 h). En total, serán 17 as representacións que a compañía pública terá ofrecido en Compostela con esta obra de Roberto Vidal Bolaño, recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices.
AS COMPAÑÍAS GALEGAS DUELIRIUM E CIRCO EXPRESO EXHIBIRÁN AS SÚAS PROPOSTAS ANTE UN XURADO INTERNACIONAL XUNTO CON CANDIDATOS DE FINLANDIA, FRANCIA E GRAN BRETAÑA
[29/01/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza esta fin de semana unha mostra clasificatoria do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe), na que seis das 34 formacións finalistas exhibirán os seus respectivos proxectos artísticos ante o xurado internacional encargado de elixir os beneficiarios desta iniciativa europea de apoio a novos creadores no ámbito das artes circenses. A nave da escola Circonove no polígono do Milladoiro (Ames) acollerá este encontro interno co comité de selección, ao que conseguiron acceder dúas propostas remitidas dende Galicia:
Aviadoras, de Duelirium, e
Losing Grip, de Circo Expreso.
REPRESENTANTES DAS ASOCIACIÓNS DO SECTOR REÚNENSE MAÑÁ CO DIRECTOR DA AGADIC PARA PROPOÑER DOUS DOS VOGAIS DA COMISIÓN DE VALORACIÓN, SEGUNDO ESTABLECEN AS BASES
[28/01/2010] O
Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria do concurso público para a contratación do novo director/a do Centro Dramático Galego (CDG), de xeito que os candidatos teñen de prazo ata o vindeiro 15 de febreiro para remitir as súas solicitudes á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), entidade da que depende a compañía pública. En relación con este procedemento de selección, os representantes das principais asociacións profesionais do sector reuniranse mañá co director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero, para propoñer dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes escénicas como vogais da comisión de valoración, tal e como establecen as bases.
UNHA DECENA DE CENTROS DE ENSINO DE TODA GALICIA INSCRIBIUSE NAS FUNCIÓNS MATINAIS PROGRAMADAS PARA ALUMNOS DE BACHARELATO
[27/01/2010] Un total de 1.252 espectadores asistiron en Santiago ás primeiras funcións da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
As actas escuras, que se sitúa deste xeito entre as montaxes con maior ocupación das exhibidas pola compañía pública nos últimos anos. Xúlio Lago dirixe esta primeira posta en escena da obra de Roberto Vidal Bolaño, que rexistrou un gran éxito tanto nos pases para público xeral (venres e sábados, ás 20.30 h, e domingos, ás 18.00 h) como na primeira representación matinal para institutos celebrada a semana pasada. O espectáculo, estreado o pasado día 15, permanecerá en cartel no Salón Teatro ata o 7 de febreiro.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
| 144 |
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes