AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CATRO FADISTAS CANTAN "Á DESGARRADA" O SÁBADO 27 ÁS 20:30 H

O Salón Teatro de Santiago transfórmase nunha casa de fados para acoller o espectáculo portugués inspirado no filme de Carlos Saura

[25/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle este sábado 27 ás 20.30 horas a actuación de Casa de Fados, unha iniciativa musical na que concorren diferentes instrumentistas e cantantes, primeiras figuras do fado xunto a novas promesas recoñecidas como herdeiras de voces como Amália Rodrigues ou Carlo do Carmo. Esta formación portuguesa, consolidada como unha das máis relevantes no seu xénero, presenta no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) Em concerto , o seu primeiro traballo discográfico gravado en directo durante as súas xiras.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO ASISTIRÁ Á REPRESENTACIÓN DO DOMINGO, COINCIDINDO COA CONMEMORACIÓN ESTA FIN DE SEMANA DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

A xira do espectáculo do CDG "As actas escuras" recala en Ourense con dúas funcións no Teatro Principal

Documento anexo[25/03/2010] O Teatro Principal de Ourense acolle este sábado 27 de marzo ás 20.30 horas e o domingo 28 ás 19.00 h senllas funcións da última produción do Centro Dramático Galego (CDG), As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño que a compañía pública recuperou para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Con ocasión da representación deste espectáculo na fin de semana na que se conmemora o Día Mundial de Teatro, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, ten previsto desprazarse até Ourense o próximo domingo para asistir ao segundo dos pases que o CDG ofrecerá na cidade.
O CANTAUTOR OURENSÁN INTERPRETARÁ OS TEMAS DE "INTERIOR", O SEU TERCEIRO DISCO, A PARTIR DAS 20.30 H

Continúa o programa "ST Música Presente" cun concerto de Emilio Rúa o día 26 no Salón Teatro

[24/03/2010] O cantautor ourensán Emilio Rúa ofrecerá un concerto o vindeiro venres día 26 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago como parte do programa "ST Música Presente", no marco do que presentará Interior, o seu terceiro traballo discográfico que sae ao mercado esta mesma semana. Como no resto dos directos inseridos neste ciclo que promove a Consellería de Cultura e Turismo a través da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), esta actuación congregará público especializado -programadores, promotores de festivais e certames de música, distribuidores, prensa especializada e outros axentes culturais- e abrirase tamén ao resto de espectadores interesados, en función do aforo dispoñible.
PRESENTARÁ EN DIRECTO "TIRÁN", O SEU DEBUT DISCOGRÁFICO EN SOLITARIO, A PARTIR DAS 20.30 HORAS

O programa "ST Música Presente" ofrece este mércores no Salón Teatro un concerto do gaiteiro Anxo Lorenzo

Documento anexo[22/03/2010] O gaiteiro Anxo Lorenzo protagonizará o vindeiro mércores 24, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago a segunda das actuacións do programa "ST Música Presente", creado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo para a promoción especial de traballos discográficos galegos a través de concertos dirixidos preferentemente a un público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible.
RETÓMANSE AS ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN DA INDUSTRIA CULTURAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL MEDIANTE A COLABORACIÓN CO FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL DE TUI

A AGADIC inicia as actividades de Creativa 2010 cun taller destinado a novos realizadores dentro do Play-Doc

Documento anexo[18/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo inicia o programa CREATIVA para 2010 coa colaboración co festival Play-Doc de Tui no desenvolvemento dun taller-seminario para novos realizadores e outras actividades conxuntas de difusión da industria audiovisual de Galicia e do Norte de Portugal. Baixo o título O retrato filmado #02 o retrato memoria, o obradoiro centrará a participación de CREATIVA no certame internacional de cine documental tudense, dentro do que se levarán a cabo, ademais, outras accións conxuntas, tales como un concerto a cargo da banda lisboeta Batida, a incorporación de Darío Silva Oliveira -director do prestixioso Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde- ao xurado internacional ou a proxección da película Luanda, a fábrica da música, da portuguesa Inés Gonçalves e Kiluanje Liberdade.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 | 148 | 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal