AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O TEATRO ROSALÍA CASTRO ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS O VENRES 19 E O SÁBADO 20 ÁS 20.30 H

O CDG chega á Coruña con "As actas escuras", obra de Roberto Vidal Bolaño dirixida por Xúlio Lago

Documento anexo[17/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta esta fin de semana (venres 19 e sábado 20, ás 20.30 horas) no Teatro Rosalía Castro da Coruña As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
FERNÁNDEZ FASERO PRESENTOU ESTA INICIATIVA, DESTINADA PRIORITARIAMENTE Á PRESENTACIÓN DE NOVOS TRABALLOS DISCOGRÁFICOS GALEGOS DIANTE DUN PÚBLICO ESPECIALIZADO

A AGADIC inagura no Salón Teatro o programa de concertos promocionais "ST Música Presente" co grupo Linho do Cuco

Documento anexo[16/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon en marcha o programa de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado, coa actuación que o grupo Linho do Cuco ofrecerá o vindeiro xoves 18, ás 20.30 horas, no Salón Teatro. O espazo compostelán será a sede deste novo ciclo, que na súa primeira entrega acollerá outros cinco directos a cargo de Anxo Lorenzo (24 de marzo), Emilio Rúa (26 de marzo), Álvaro Vieito Cuarteto (20 abril), Ophiusa (27 de abril) e BellónMaceiras Quinteto (30 de abril). O público xeral tamén poderá acceder a estes concertos, sempre en función do aforo finalmente dispoñible.
RAQUEL VEGANZONES E GIRISHO GORDON DESEÑARON PARA O PROXECTO UN TRAPECIO DE TRES BARRAS E UN ARNÉS QUE, CAMUFLADO BAIXO A ROUPA, OFRECE NOVAS FORMAS DE SUXEICIÓN

Xóvenes Talentos do Circo Europeo elixe a proposta "Losing Grip" do dúo galego Circo Expreso entre as vencedoras da súa edición 2009-2010

Documento anexo[15/03/2010] Losing Grip, da compañía con sede en Santiago Circo Expreso, será un dos dez proxectos artísticos beneficiarios do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe-JTCE), tras ser elixido por un xurado internacional entre o total de 33 finalistas desta iniciativa europea de apoio a novos creadores no ámbito das artes circenses. O dúo que integran Raquel Veganzones e Girisho Gordon participou na mostra clasificatoria organizada a finais de xaneiro polo Centro Dramático Galego (CDG), onde o comité de selección valorou a orixinalidade da proposta de circo aéreo que se desenvolve a partir de dous elementos creados ad hoc: un trapecio de tres barras colocadas a modo de escada e un arnés que, camuflado baixo a roupa, lles ofrece novas e sorprendentes formas de suxeición.
O CENTRO CULTURAL CAIXANOVA ACOLLE O MÉRCORES 17 DE MARZO, ÁS 20.30 HORAS, UNHA ÚNICA FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR XÚLIO LAGO

O Centro Dramático Galego presenta "As actas escuras", de Roberto Vidal Bolaño, en Vigo

Documento anexo[15/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta o vindeiro mércores 17 de marzo, ás 20.30 h, no Centro Cultural Caixanova de Vigo As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
A OBRA QUE MARCOU A ENTRADA DO DRAMATURGO FRANCÉS NO CHAMADO TEATRO DO ABSURDO REPRESENTARASE O SÁBADO 13 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 14 ÁS 18.00 H

Sala Muntaner ofrece no Salón Teatro dúas funcións de "Las criadas" de Genet con dirección de Manel Dueso

Documento anexo[11/03/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía catalá Sala Muntaner, que ofrecerá dúas funcións (sábado 13 ás 20.30 horas e o domingo 14 ás 18.00 h) do seu espectáculo Genet-Las criadas, realizado a partir da obra de Jean Genet que marcou a entrada do novelista, poeta e dramaturgo francés no chamado "teatro do absurdo". Con dirección escénica de Manel Dueso, e seguindo unha indicación do propio autor, os tres personaxes femininos son representados por homes, para potenciar así o xogo teatral.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 | 149 | 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal