Novas
VINTE MÚSICOS CON INSTRUMENTOS INUSUAIS INTERPRETAN AS IMPROVISADAS SINAIS DO DIRECTOR A TEMPO REAL
[05/06/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle este domingo día 7 de xuño ás 22.00 horas o concerto de peche do Festival Vibracional TPS a cargo da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (O.m.e.ga), un colectivo musical único na nosa Comunidade, que ofrecerá un espectáculo lúdico e dinámico de inmersión na riqueza e complexidade do mundo da creación sonora a tempo real.
CARLOS NEIRA DIRIXE ESTA PROPOSTA, QUE INTERPRETA XUNTO ÁS ACTRICES NEREA BARROS, XIANA CARRACELAS, IRIA SOBRADO E ARANTZA VILLAR
[04/06/2009] O Teatro Carlos Alberto (TeCA) do Porto será o escenario esta fin de semana da estrea absoluta de
Wake Up, espectáculo de Nut Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), dentro do programa do
XXXII Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI). Tralas funcións no TeCA (o sábado 6, ás 21.30 h e o domingo 7, ás 16.00), esta proposta interdisciplinar que dialoga coas últimas tecnoloxías será presentada o martes 9, ás 21.30 h, na extensión do encontro en Moita.
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE O DOMINGO 7 DE XUÑO ESTA OBRA DE MANUEL LOURENZO, CON DIRECCIÓN DE QUICO CADAVAL, AMBIENTADA NA MARIÑA LUGUESA
[04/06/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta
As dunas no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo nunha única función este domingo día 7 de xuño ás 20.30 horas.
As dunas é o espectáculo resultante da obra escrita
ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval.
UN TOTAL DE 12 ALUMNOS PARTICIPA NESTE ÚLTIMO OBRADOIRO, QUE SE DESENVOLVE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO ATÉ O 3 DE XUÑO COA COLABORACIÓN DO INSTITUTO CAMÕES
[01/06/2009] O
Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle dende hoxe e até o vindeiro mércores día 3 un novo obradoiro de escrita teatral, co que se pon o colofón ao curso "Pistas para unha dramaturxia da actualidade III". Impartido por Vieira Mendes, un dos dramaturgos máis recoñecidos da escena portuguesa actual, esta actividade conta coa colaboración do Instituto Camões de Portugal e terá lugar na biblioteca do Salón Teatro de Santiago en horario de tarde.
O PAZO DA CULTURA ACOLLE O VENRES 29 E O SÁBADO 30 DE MAIO ESTA OBRA ESCRITA POR MANUEL LOURENZO E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL
[28/05/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) ofrece esta semana no Pazo da Cultura de Narón dúas funcións (venres 29 ás 20.30 h e sábado 30 ás 20.00 h) de
As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
| 151 |
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes