Novas
DESPÍDESE A TEMPORADA DE PRODUCIÓN CON ESTA PEZA ESCRITA POR JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL
[30/04/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle este venres día 2 de maio, ás 21:00 horas, a estrea de
Estigma, espectáculo resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG)
DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. A montaxe permanecerá en Compostela até o 18 de maio para continuar despois cunha xira por 9 localidades galegas: Tui, Narón, O Barco, Vigo, Ribadeo, Ferrol, Vilagarcía, A Coruña e Ribadavia.
A COMPAÑÍA INSTITUCIONAL GALEGA PRESÉNTASE POR PRIMEIRA VEZ NESTE ESPAZO ESPECIALIZADO EN PROGRAMACIÓN ESCÉNICA INFANTIL E XUVENIL
[25/04/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) leva a súa produción
Valdemuller ao Teatro Escalante de Valencia, espazo escénico especializado en programación infantil e xuvenil, que ofrecerá durante catro días un total de sete funcións do espectáculo. A compañía institucional galega visita por primeira vez este escenario, referencia no seu xénero para todo o Estado, cunha representación o domingo 27 ás 18.00 horas para público familiar e 3 pases dobres o luns 28, martes 29 e mércores 30 ás 10.00 e ás 11.30 horas, dirixidos a escolares.
O ESPECTÁCULO DESPÍDESE DE COMPOSTELA CON DÚAS REPRESENTACIÓNS O SÁBADO E O DOMINGO, ÁS 18.00 H
[18/04/2008] Arredor de 2.000 espectadores asistiron até o momento ás representacións no Salón Teatro do espectáculo do Centro Dramático Galego
Valdemuller, dirixido por Pablo Vergne segundo a creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz, que se despide deste escenario con dúas últimas funcións o sábado 19 e o domingo 20, ás 18.00 h. Tralo período de exhibición en Compostela, onde terá ofrecido un total de 20 pases, o CDG continuará a xira galega desta montaxe de teatro de obxectos, que presentará tamén no Teatro Escalante de Valencia e no Festival Fazer a Festa de Porto.
XUNTO COAS REPRESENTACIÓNS DO SÁBADO E DOMINGO, ÁS 18.00 h, O CDG ORGANIZA DÚAS NOVAS SESIÓNS DO XOGO DE ROL E UNHA INTERVENCIÓN PROMOCIONAL DE PISTACATRO EN ÁREA CENTRAL
[11/04/2008] O Centro Dramático Galego ofrece esta fin de semana -sábado e domingo, ás 18.00 horas- dúas novas funcións para público familiar da produción
Valdemuller, que chega así ao ecuador do seu período de exhibición no Salón Teatro de Santiago. Asemade, ambos días ás 16.45 horas celebrarase novamente o xogo de rol
O misterio de Valdemuller, no que poderán participar nenos e nenas, a partir dos 8 anos de idade, mediante a súa inscrición ao mercar a entrada ao espectáculo.
PISTACATRO PROTAGONIZA ESTA FUNCIÓN MÓBIL HOXE VENRES ÁS 18.00, 19.00 E 20.00 HORAS
[04/04/2008] O Centro Dramático Galego organiza hoxe venres no Centro Comercial Área Central de Santiago unha pequena función móbil como actividade complementaria ás funcións para público familiar da súa produción
Valdemuller, que terán lugar o sábado e domingo no Salón Teatro ás 18.00 horas. Esta pequena representación, a cargo da compañía galega de novo circo Pistacatro, busca sorprender coa maxia das artes escénicas aos viandantes, demostrando que a escena é algo próximo, divertido e sorprendente que forma parte da vida cotiá. En total, desenvolveranse tres pases, ás 18.00, ás 19.00 e ás 20.00 horas, de aproximadamente vinte minutos de duración.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
| 152 |
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
| Seguintes