AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

FRANCISCO E PATRICIA SOTO COMPARTIRÁN CO PÚBLICO OS RESULTADOS DO SEU PROXECTO "PLAYGROUND_TEXTIL’N PROGRESS" MAÑÁ DÍA 7 DE AGOSTO A PARTIR DAS 19.00 HORAS

La Canalla conclúe a súa residencia artística no CDG cunha xornada de portas abertas no MARCO de Vigo

Documento anexo[06/08/2009] O Salón de Actos do MARCO (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo acolle mañá venres a última xornada de portas abertas de PlayGround_textil´n progress, laboratorio de investigación téxtil que La Canalla -firma de moda e deseño de vestiario escénico integrada polos irmáns Francisco e Patricia Soto- desenvolve dentro do programa Artistas en Residencia 2009 do Centro Dramático Galego.
AMOSARÁN OS RESULTADOS DO PROXECTO "CORPO-PUTA-VACA-BERRO" A TRAVÉS DUNHA MOSTRA PÚBLICA QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ, ÁS 18.00 HORAS, NA NAVE DA AGADIC EN SANTIAGO

Gena Baamonde, Eva Freixeira e Vanesa Sotelo abren as portas do seu laboratorio escénico como artistas residentes do Centro Dramático Galego

Documento anexo[30/07/2009] Gena Baamonde, Eva Freixeira e Vanesa Sotelo abrirán as portas do laboratorio escénico que están a desenvolver como artistas residentes do CDG cunha mostra pública que terá lugar maña día 31, a partir das 18.00 h, na nave da AGADIC no polígono compostelán de Costa Vella (rúa de Polonia, 30). Neste encontro, compartirán cos profesionais e o público interesados os primeiros resultados do seu proxecto de investigación Corpo-puta-vaca-berro.
OS INTERESASOS TEÑEN ATÉ O 28 DE AGOSTO PARA PRESENTAR PROXECTOS INÉDITOS E NON ESTREADOS

O CDG coproducirá dous espectáculos con compañías privadas, un para público infantil

[21/07/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) levará a cabo en réxime de coprodución na próxima temporada escénica 2009-2010 un total de 2 novos espectáculos que se engadirán ao plano de produción e de programación propia da compañía institucional. A tal fin, o CDG realizou unha convocatoria para que todas as compañías, colectivos ou creadores individuais galegos interesados poidan achegar os seus proxectos ao Salón Teatro de Santiago até o próximo 28 de agosto como primeiro paso do proceso de selección das dúas montaxes previstas, unha das cales se dirixirá especificamente a público infantil.
"A BOA PERSOA DE SEZÚAN" E "AS DUNAS" FORON VISTAS POR 10.800 PERSOAS

CDG e Salón Teatro pechan a temporada 2008-09 con máis de 27.800 espectadores e 196 funcións

[17/07/2009] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción escénica da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), rematou a súa temporada 2008-09 cun balance de 27.815 espectadores congregados nas 196 funcións promovidas pola compañía pública, cifras que suman a distribución das súas dúas producións propias e a programación externa que conformou a carteleira do Salón Teatro. Neste último apartado, o apoio do público á actividade do espazo escénico que xestiona o CDG traduciuse en 17.093 espectadores que asistiron ás 130 funcións ofrecidas por 43 formacións artísticas, o que supón un incremento respecto ao período inmediatamente anterior de 41 funcións e 5.668 entradas.
QUICO CADAVAL E DANIEL ABREU ASESORARON O PROXECTO CREATIVO DESTA PROPOSTA QUE O CDG ABRE MAÑÁ AO PÚBLICO

Pablo Fidalgo e Estefanía García presentan a residencia artística para "A democracia" antes da súa estrea en La Casa Encendida

Documento anexo[02/07/2009] Pablo Fidalgo e Estefanía García abren mañá ao público o resultado do seu traballo creativo para o seu espectáculo A democracia mediante unha presentación que terá lugar ás 17.00 horas na nave da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) no compostelán polígono de Costavella. Os dous creadores e intérpretes desde proxecto, artistas residentes do Centro Dramático Galego (CDG), amosarán o proceso de ensaio e composición desta proposta escénica como avance á estrea oficial que terá lugar en La Casa Encendida de Madrid o próximo mes de outubro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 | 154 | 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal