AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA ESTRÉASE O VENRES DÍA 15 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, ONDE SE EXHIBIRÁ ATA O 7 DE FEBREIRO PARA INICIAR DESPOIS A SÚA XIRA GALEGA

O Centro Dramático Galego recupera para os escenarios a obra de Roberto Vidal Bolaño "As actas escuras" baixo a dirección de Xúlio Lago

Documento anexo[13/01/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres día 15 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción, As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño que sube por primeira vez aos escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. A recuperación deste texto 18 anos despois da súa escrita supón todo un fito no panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores este gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
O ESPAZO QUE XESTIONA EN SANTIAGO O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO INCREMENTOU EN MÁIS DUN 30 POR CENTO A CIFRA DE ASISTENTES RESPECTO DO ANO ANTERIOR

A programación do Salón Teatro congregou máis de 14.300 espectadores en 2009

[08/01/2010] O Salón Teatro de Santiago, espazo xestionado polo Centro Dramático galego (CDG), pechou 2009 cun total de 14.313 espectadores nas 105 funcións que configuraron a súa carteleira anual. Este balance de asistencia supón un incremento superior ao 30% respecto do rexistrado o ano anterior, confirmando así o respaldo do público a unha programación que estivo protagonizada por 31 formacións artísticas e na que tiveron unha destacada presenza as expresións escénicas máis actuais, ademais das producións propias do CDG.
TROMPICALLO INAUGURA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 26 ESTE CICLO, QUE SE ESTENDERÁ ATA O MÉRCORES 30 OFRECENDO MONTAXES DE MONICREQUES, DANZA E TEATRO DE ACTOR E OBXECTOS

O Salón Teatro de Santiago pecha a súa programación anual coa Mostra de Teatro Infantil de Nadal

Documento anexo[23/12/2009] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2009 cunha nova edición da xa tradicional Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de monicreques, danza e teatro de actor e obxectos especialmente pensados para os nenos e nenas. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), no ciclo participan os grupos galegos Trompicallo Teatro con Violeta Coletas contra as salchichas Gulp! e Caramuxo Teatro con Os Bolechas, así como o colectivo catalán de danza Àngels Margarit/Cía Mudances con Flexelf (na imaxe), o portugués Teatro de Montemuro con Mãos Grandes e a compañía de Castela-A Mancha A Priori Producciones con El sable y la paloma.
A NOVELA DE ALEJANDRO PALOMAS FOI ADAPTADA POR ROBERTO SALGUEIRO E CONTA CON DIRECCIÓN ESCÉNICA DE ROSA ÁLVAREZ

A compañía Lagarta Lagarta representa durante catro días no Salón Teatro "O segredo dos Hoffman"

Documento anexo[15/12/2009] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción, O segredo dos Hoffman , unha adaptación de Roberto Salgueiro da novela homónima do autor catalán Alejandro Palomas. Con dirección escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez, o cuarteto interpretativo que compoñen Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 17, o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 horas; e o domingo 20 ás 18.00.
O CONCERTO DO GRUPO DE BROOKLYN, CONSIDERADO UNHA DAS PROMESAS DA ESCENA "UNDERGROUND" NORTEAMERICANA, DARÁ COMEZO ÁS 22.00 H

A banda estadounidense Woods actúa mañá no Salón Teatro dentro do Festival Sinsal

Documento anexo[09/12/2009] O Salón Teatro acolle mañá xoves día 10, ás 22.00 horas, unha nova cita coa música de vangarda da man do grupo norteamericano Woods, co que se clausura a programación de 2009 da extensión do Festival Sinsal en Santiago. Considerada como unha das promesas do underground estadounidense, a banda de Brooklyn visita Compostela dentro da xira na que está a presentar o seu último traballo discográfico, Songs of Shame, onde volve facer gala dunha mestura de sons e estilos que a crítica define como folk alternativo con tinturas psicodélicas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 | 155 | 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal