AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

OS 14 ACTORES E ACTRICES COMEZARÁN OS ENSAIOS O 9 DE NOVEMBRO PARA ESTREAR EN COMPOSTELA O 15 DE XANEIRO DE 2010

O Centro Dramático Galego producirá o espectáculo "As actas escuras" nos prazos previstos

[10/09/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) iniciará o próximo día 9 de novembro os ensaios da súa seguinte montaxe, As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño baixo a dirección de Xúlio Lago, espectáculo que será estreado o 15 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así o ratificou hoxe o director da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos Fernández Fasero, diante dunha nutrida representación do equipo artístico da montaxe á que reiterou que a única postura da institución fora sempre a realización do proxecto nas datas previstas.
TERÁN LUGAR DO 1 AO 5 DE SETEMBRO, ENTRE AS 17.00 E AS 21.00 HORAS

O compositor Xabier Mariño abre ao público a súa residencia no Centro Dramático Galego cunha instalación interactiva no MARCO de Vigo

Documento anexo[31/08/2009] O MARCO (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo acollerá do 1 ao 5 de setembro, de 17.00 a 21.00 horas, cinco xornadas de portas abertas nas que o compositor Xabier Mariño compartirá cos asistentes o seu proxecto Identidades, inserido dentro do programa Artistas en Residencia do Centro Dramático Galego. Este encontro co público forma parte intrínseca do propio proceso de creación, materializándose nunha instalación interactiva que combina performance, videocreación, música electroacústica e escultura.
OFRECERÁN UNHA MOSTRA PÚBLICA DO SEU TRABALLO CREATIVO MAÑÁ XOVES DÍA 27, A PARTIR DAS 19.00 HORAS, NA NAVE DA AGADIC NO COMPOSTELÁN POLÍGONO DE COSTA VELLA

Borja Fernández e Uxía P. Vaello presentan o proxecto "Rewind" como artistas residentes do CDG

Documento anexo[26/08/2009] Borja Fernández e Uxía P. Vaello amosarán mañá os primeiros resultados do seu proxecto Rewind, traballo de creación escénica que están a desenvolver dentro do programa Artistas en Residencia do Centro Dramático Galego (CDG) e que compartirán co público e cos profesionais interesados a partir das 19.00 horas na nave da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) no compostelán polígono de Costa Vella (Rúa Polonia, nº 30).
FRANCISCO E PATRICIA SOTO COMPARTIRÁN CO PÚBLICO OS RESULTADOS DO SEU PROXECTO "PLAYGROUND_TEXTIL’N PROGRESS" MAÑÁ DÍA 7 DE AGOSTO A PARTIR DAS 19.00 HORAS

La Canalla conclúe a súa residencia artística no CDG cunha xornada de portas abertas no MARCO de Vigo

Documento anexo[06/08/2009] O Salón de Actos do MARCO (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo acolle mañá venres a última xornada de portas abertas de PlayGround_textil´n progress, laboratorio de investigación téxtil que La Canalla -firma de moda e deseño de vestiario escénico integrada polos irmáns Francisco e Patricia Soto- desenvolve dentro do programa Artistas en Residencia 2009 do Centro Dramático Galego.
AMOSARÁN OS RESULTADOS DO PROXECTO "CORPO-PUTA-VACA-BERRO" A TRAVÉS DUNHA MOSTRA PÚBLICA QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ, ÁS 18.00 HORAS, NA NAVE DA AGADIC EN SANTIAGO

Gena Baamonde, Eva Freixeira e Vanesa Sotelo abren as portas do seu laboratorio escénico como artistas residentes do Centro Dramático Galego

Documento anexo[30/07/2009] Gena Baamonde, Eva Freixeira e Vanesa Sotelo abrirán as portas do laboratorio escénico que están a desenvolver como artistas residentes do CDG cunha mostra pública que terá lugar maña día 31, a partir das 18.00 h, na nave da AGADIC no polígono compostelán de Costa Vella (rúa de Polonia, 30). Neste encontro, compartirán cos profesionais e o público interesados os primeiros resultados do seu proxecto de investigación Corpo-puta-vaca-berro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 | 158 | 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal