Novas
ESTE SEGUNDO ENCONTRO DO CURSO "PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE III" CELÉBRASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 19 AO 23 DE XANEIRO
[16/01/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir do luns 19 o segundo dos catro obradoiros que conforman o curso de escrita teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartido polo dramaturgo asturiano Maxi Rodríguez e supervisado por Cándido Pazó. Un grupo de 12 alumnos seguirá esta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres día 23 en horario de 17.00 a 20.00 h.
A MONTAXE DESTA OBRA DE BERTOLT BRECHT, REALIZADA POR UN EQUIPO GALEGO-PORTUGUÉS BAIXO A DIRECCIÓN DE NUNO CARDOSO, REPRESÉNTASE MAÑÁ PARA ESTUDANTES E O SÁBADO PARA PÚBLICO XERAL
[15/01/2009] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta fin de semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Pontevedra, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- mañá venres 16, ás 10.00 horas (concertada para estudantes), e o sábado 17, ás 21.00 horas.
ANABELL GAGO INCORPÓRASE AO ELENCO INTERPRETATIVO DESTA VERSIÓN DA OBRA DE WILLIAM SHAKESPEARE ASINADA E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL
[05/01/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) repón a partir do vindeiro xoves día 8 no Salón Teatro a súa produción
Noite de Reis. Ou o que queirades, coa que ten acadado un éxito de público con escasos precedentes na escena galega. As funcións desta versión da obra de William Shakespeare asinada e dirixida por Quico Cadaval desenvolveranse até o 31 de xaneiro neste escenario compostelán, onde o espectáculo xa foi representado colgando o cartel de non hai billetes en repetidas ocasións.
O CICLO DESENVÓLVESE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO CON 5 MONTAXES DE DISTINTOS FORMATOS E TÉCNICAS, DESDE MONICREQUES E TEATRO DE ACTOR ATÉ NÚMEROS DE NOVO CIRCO
[23/12/2008] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2008 coa xa tradicional Mostra de Teatro Infantil no Nadal, unha iniciativa que vén celebrándose desde o ano 2000 sempre nas mesmas datas, do 26 ao 30 de decembro. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), o festival inclúe cinco espectáculos que amosan a variedade de estilos, técnicas e formatos dos que se sirve o teatro especialmente destinado aos nenos e nenas.
A COMPAÑÍA DE NOVO CIRCO PISTACATRO DESENVOLVERÁ O VENRES 26 NO CENTRO PRAZA ELÍPTICA UNHA ACCIÓN PROMOCIONAL SOBRE ESTA PRODUCIÓN DENTRO DA REDE "ESPAZOS CDG"
[22/12/2008] O Centro Dramático Galego retoma esta fin de semana en Vigo a xira galega da súa última montaxe,
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Tras permanecer no Salón Teatro de Santiago -sede da compañía pública- durante tres semanas, o espectáculo ten como destino o Centro Cultural Caixanova, onde ofrecerá dúas funcións: o sábado 27 e o domingo 28 ás 20.30 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
| 159 |
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes