Novas
EN DRAMATURXIASDAACTUALIDADE.ORG CONVIVIRÁN OBRAS DOS PARTICIPANTES NO CENTRO DE CREACIÓN DRAMÁTICA CONTEMPORÁNEA CON TÍTULOS DA DRAMATURXIA GALEGA E UNIVERSAL
[18/12/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) creou unha web específica para acadar a máxima difusión dos textos escritos polos autores de teatro galego actuais. A iniciativa, con escasos precedentes no Estado español, está accesible desde hoxe para todos os usuarios da Internet no dominio
dramaturxiasdaactualidade.org e como unha actividade máis das xeradas polo Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC), dependente do CDG.
TEATRO DO ATLÁNTICO ABORDA O GALARDOADO TEXTO DRAMÁTICO DE TERESA MOURE
[17/12/2008] A compañía Teatro do Atlántico ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago catro funcións (os días 18, 19 e 20 ás 20.30 horas e o domingo 21, ás 18.00) da súa última produción
Unha primavera para Aldara , dirixida por Xúlio Lago a partir do primeiro texto dramático de Teresa Moure, no que a autora monfortina reflexiona sobre o amor, a liberdade, a igualdade, a tolerancia ou a represión a través dunha trama que se sitúa na Revolta Irmandiña.
PISTACATRO COLABORA COA COMPAÑÍA INSTITUCIONAL NESTA ACCIÓN ESCÉNICA, QUE TERÁ LUGAR EN ÁREA CENTRAL O VINDEIRO SÁBADO DÍA 6 ÁS 18.30 E ÁS 19.30 HORAS
[04/12/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (venres 5 e sábado 6 ás 20.30 horas e domingo 7 ás 18.00) tres novas funcións da última produción do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión da obra de Bertolt Brecht dirixida polo portugués Nuno Cardoso. Coincidindo con estas representacións, a compañía pública organizou xunto con Pistacatro un espectáculo móbil promocional, do que ofrecerá dous pases ás 18.30 e ás 19.30 horas deste sábado no Centro Comercial Área Central.
DIRIXIDO POR NUNO CARDOSO, O ÚLTIMO ESPECTÁCULO DO CDG INICIA A SÚA TEMPORADA EN COMPOSTELA, ONDE OFRECERÁ CINCO REPRESENTACIÓNS SEMANAIS ATÉ O 14 DE DECEMBRO
[26/11/2008] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, regresa a Compostela para facer temporada na súa sede do Salón Teatro, onde até o vindeiro 14 de decembro ofrecerá un total de cinco funcións semanais (mércores e xoves para estudantes -agás o 11 de decembro-, e venres, sábados e domingos para o público xeral).
O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POLO PORTUGUÉS NUNO CARDOSO, REPRESÉNTASE O SÁBADO 22 NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DENTRO DO FESTIVAL DE TEATRO CLÁSICOS DO SÉCULO XX
[20/11/2008] O CDG chega esta semana ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo co seu último espectáculo,
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht con dirección de Nuno Cardoso, un dos nomes destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Lugo, ofrecerase unha única función o sábado 22, ás 20.30 h, dentro da programación do V Festival de Teatro Clásicos do Século XX.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
| 160 |
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes