Novas
FACILÍTASE UN ESPAZO PARA O ENCONTRO, A REFLEXIÓN E A INVESTIGACIÓN
[03/02/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) está a dinamizar a creación e a innovación no teatro co seu novo programa Residencias cruzadas, que se vai desenvolver ao longo de febreiro e marzo con nove propostas creativas combinadas en cinco proxectos que inclúen accións dirixidas tanto aos profesionais do sector como á cidadanía. Deste xeito, o organismo dependente da Xunta busca facilitarlles ás compañías un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación, poñendo á súa disposición o Salón Teatro de Santiago, nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións da covid-19. A iniciativa ten tamén como obxectivo achegarlle o proceso de creación escénica ao público, con accións formativas e encontros abertos.
RECOLLE A VERSIÓN EN GALEGO DA OBRA ESCRITA POR SANTIAGO CORTEGOSO
[27/01/2021] A versión en galego da obra orixinal de Santiago Cortegoso O charco de Ulises, realizada para o espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), constitúe o sexto número da colección editorial O Papel do Teatro, coa que se lle dá difusión aos textos das producións propias da compañía pública galega.
AO VISIONADO DO ESPECTÁCULO SEGUIU UN COLOQUIO EN 'STREAMING'
[25/01/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, inaugurou coa montaxe O charco de Ulises o servizo de emisión en liña dos seus espectáculos nunha sesión que incluíu un coloquio en ‘streaming’ desde o Salón Teatro de Santiago de Compostela e que foi seguida a través de 800 dispositivos conectados desde 18 países de catro continentes.
HABERÁ UNHA FUNCIÓN DESCONTRAÍDA E OUTRA INCLUSIVA
[19/01/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela retoma mañá O charco de Ulises, espectáculo de produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), que ofrecerá ata o domingo día 24 sete novas representacións da montaxe dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, algunhas delas especialmente dirixidas a persoas con diversidade funcional, como a denominada ‘descontraída’ de mañá mércores ás 20,00 h., ou a inclusiva programada para o día 24 ás 17,30 h.
A VERSIÓN DO CLÁSICO GREGO ESTÁ DIRIXIDA POR MARIÁN BAÑOBRE E SANTIAGO CORTEGOSO
[11/01/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estrea este xoves 14 de xaneiro a súa primeira produción propia da actual temporada, 'O charco de Ulises', un espectáculo de gran formato dirixido por Santiago Cortegoso e Marián Bañobre, que marca ademais o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución cara a reforzar o seu papel como motor escénico galego a partir da crise sanitaria.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
| 17 |
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes