Novas
ESTA CRÓNICA ENÉRXICA E MORDAZ DENUNCIA A TIRANÍA DOS QUE ASCENDEN AO PODER VALÉNDOSE DO SISTEMA DEMOCRÁTICO DE MANEIRA HIPÓCRITA, RUÍN E ABSOLUTISTA
[20/11/2008] A compañía madrileña Atra Bilis porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago
El año de Ricardo con dúas funcións, o sábado 22 ás 20.30 horas e o domingo 23 ás 18.00 horas. Trátase dun espectáculo de teatro alternativo, escrito, dirixido e cointerpretado por Angélica Liddell, unha das figuras máis destacadas e interesantes da escena contemporánea.
NA INICIATIVA, QUE SE INSÍRESE NO CENTRO DE CREACIÓN DRAMÁTICA, PARTICIPAN MESTRES DESTACADOS A NIVEL EUROPEO, COMO MAXI RODRÍGUEZ, ENZO CORMANN OU ELYSE DODGSON
[17/11/2008] O Centro de Creación Dramática do Centro Dramático Galego (CDG) inicia no Salón Teatro de Santiago a terceira edición do curso
Pistas para unha dramaturxia da actualidade, cuxa dirección e coordinación asume desde os seus inicios o director, narrador e dramaturgo galego Cándido Pazó. O ciclo formativo completo ten como finalidade que os asistentes poidan crear un texto dramático ao longo dos meses nos que se realiza a actividade, de novembro a maio.
CRISTINA DOMÍNGUEZ ANUNCIA NESTE ENCONTRO PROFESIONAL A CREACIÓN DUN SITIO WEB QUE POSICIONARÁ NA INTERNET OS TEXTOS AUTORIZADOS DOS DRAMATURGOS GALEGOS
[13/11/2008] O traballo do Centro Dramático Galego (CDG) de apoio e difusión á dramaturxia que se realiza actualmente en Galicia presentouse hoxe como modelo a prol da escrita escénica actual dentro da
Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos, que estes días se celebra en Alacante. A directora do CDG, Cristina Domínguez Dapena, participou na sección de presentación de proxectos e publicacións da décimo sexta edición deste encontro profesional, no que se mestura a exhibición teatral cun amplo abano de actividades complementarias sobre a dramaturxia contemporánea e os seus autores.
PROMOVIDO POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E A RADIO GALEGA
[12/11/2008] Ábrese o prazo para a presentación de orixinais á terceira edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, unha iniciativa que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre autores e medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega, promover o encontro entre audiencia e o teatro e contribuír á recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva contemporánea.
O CDG PROMOVE TAMÉN 2 ACCIÓNS ESCÉNICAS PROMOCIONAIS EN INSTITUTOS DO MUNICIPIO
[12/11/2008] O Teatro Municipal Área Panorámica de Tui acolle esta fin de semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Tui, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- o venres 14, ás 21.30 horas, e o sábado 15, ás 20.30 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
| 161 |
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes