Novas
O ESPAZO COMPOSTELÁN ACOLLE ESTE XOVES A PARTIR DAS 18.00 H. UNHA MOSTRA AO PÚBLICO DO TRABALLO ANUAL DESENVOLVIDO POR CREADORES GALEGOS E A PLATAFORMA KÒNIC THTR
[04/11/2008] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle este xoves día 6, a partir das 18.00 horas, unha xornada de portas abertas como clausura do curso
A escena aumentada: Galicia, impartido pola coruñesa afincada en Barcelona Rosa Sánchez e o francés Alain Baumann, creadores e impulsores da plataforma artística
Kònic Thtr. Despois dun ano estudando a relación da escritura escénica coas linguaxes audiovisuais e buscando a relación entre movemento, palabra, vídeo, son e datos dixitais xestionados en escena a tempo real, alumnos e mestres amosarán o seu traballo ao público no Salón Teatro de Santiago.
A COMPAÑÍA PÚBLICA DE TEATRO E O CENTRO COREAOGRÁFICO GALEGO XESTIONAN ESTA NOVA EDICIÓN DA CONVOCATORIA, PARA A QUE SE ABRE O PRAZO DE RECEPCIÓN DE SOLICITUDES
[04/11/2008] A AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) mantén aberto até o próximo 4 de decembro o prazo de presentación de instancias para participar no novo programa Artistas en Residencia, correspondente á temporada 2008-2009, que será xestionado a través das súas unidades de produción: o Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG). O programa supón o apoio os artistas ou colectivos artísticos que desexen desenvolver un proxecto de investigación ou de creación nos ámbitos do teatro, escrita teatral, circo, danza e outras artes do movemento; ou os artistas que, desde outras disciplinas, traballen coa danza, o teatro e o circo como referencia.
O CDG OFRECERÁ DÚAS FUNCIÓNS DA SÚA VERSIÓN DA OBRA DE BERTOLT BRECHT, DIRIXIDA POLO PORTUGUÉS NUNO CARDOSO, OS DÍAS 7 E 8 ÁS 20.30 H NO TEATRO ROSALÍA
[04/11/2008] O Centro Dramático Galego chega esta semana ao Teatro Rosalía de Castro da Coruña para ofrecer dúas funcións do seu último espectáculo,
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht con dirección de Nuno Cardoso, un dos nomes destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. Na Coruña, será representada o venres 7 e o sábado 8, ás 20.30 h.
DESENVOLVERANSE DÚAS FUNCIÓNS DE "NOU I_D", ESPECTÁCULO CREADO E DIRIXIDO POR ROSA SÁNCHEZ, O SÁBADO 1 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 H E O DOMINGO 2 ÁS 18.00 H
[30/10/2008] A plataforma artística catalá
Kònic Thtr. porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela
Nou I_D, unha ópera electrónica e interactiva para danza e voz da que ofrecerá dúas funcións, o sábado 1 ás 20.30 horas e o domingo 2 ás 18.00 horas. Estreado no Teatre Mercat de les Flors de Barcelona, trátase dun espectáculo experimental e anovador que se basea no diálogo entre cinco intérpretes e un espazo escénico equipado coa máis sofisticada tecnoloxía.
O DIRECTOR PORTUGUÉS CONTOU PARA ESTA PROPOSTA ESCÉNICA CUN EQUIPO ARTÍSTICO TRANSFRONTEIRIZO NO QUE PARTICIPAN, ENTRE OUTROS, 12 ACTORES E ACTRICES
[22/10/2008] O Centro Dramático Galego estrea este venres 24 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht con dirección de Nuno Cardoso, un dos nomes destacados da nova escena portuguesa. Na primeira produción da temporada 2008-2009, a compañía pública incorpora o dramaturgo alemán ao seu repertorio a través desta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas. Trala estrea en Compostela, onde ofrecerá dúas funcións máis (o sábado ás 21.00 h e domingo ás 18.00 h), o CDG iniciará unha xira galega de tres meses de duración cofinanciada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a Fundación Caixa Galicia.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
| 162 |
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes