Novas
O CONCERTO DO MÚSICO E CANTANTE CALIFORNIANO, QUE DARÁ COMEZO ÁS 22.00 HORAS, INAUGURA UNHA NOVA EXTENSIÓN DO FESTIVAL SINSAL EN SANTIAGO
[20/02/2009] A actuación do músico e cantante californiano
Jeremy Jay no Salón Teatro, este domingo 22 de febreiro ás 22.00 horas, inaugura a terceira edición da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. Jay visita Santiago dentro da xira europea na que está a adiantar algúns temas do que será o seu novo traballo discográfico,
Slow Dance.
O FUNÁMBULO JONATHAN GUICHARD E O ACRÓBATA FNICO FELDMANN EXECUTARÁN ESTA MONTAXE DE GRAN COMPLEXIDADE TÉCNICA OS DÍAS 19 E 20, ÁS 20.30 H, NO SALÓN TEATRO
[18/02/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá xoves 19 e o venres 20 de febreiro ás 20.30 horas dúas funcións do espectáculo
Ieto, a segunda produción da compañía francesa de novo circo do mesmo nome, que levará ao escenario compostelán a gran complexidade técnica e o considerable risco artístico e físico deste traballo. O dúo que integran o funámbulo Jonathan Guichard e o acróbata Fnico Feldmann pechan con esta montaxe de danza acrobática contemporánea o ciclo "Circo en escena", que durante este mes de febreiro amosou no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) algunhas das creacións que están a ser escenificadas nos certames e programacións deste xénero máis prestixiosos do mundo.
ADEMAIS DESTE PRIMEIRO CONCERTO, O DOMINGO 22 ÁS 22.00 HORAS, O CICLO INCLÚE AS ACTUACIÓNS DE PRAM (2 DE ABRIL), E LARSEN E LITTLE ANNIE (14 DE MAIO)
[17/02/2009] A actuación do músico californiano
Jeremy Jay abre este domingo día 22 de febreiro ás 22.00 h a terceira edición da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. O espazo escénico que xestiona Centro Dramático Galego, en colaboración cos organizadores do Sinsal, completará o ciclo con outros dous recitais: o do grupo británico
Pram o 2 de abril e o que compartirán a banda italiana
Larsen e a cantante de Nova York
Little Annie o 14 de maio.
OS SINDICATOS CC.OO., CIG, UXT, A ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA, ESCENA GALEGA E A AGADIC ACORDARON O TEXTO DEFINITIVO QUE SERÁ ASINADO MAÑÁ
[17/02/2009] O sector escénico galego dótase do seu I Convenio de Actores e Actrices de Teatro, que regulará por primeira vez as condicións laborais da profesión a partir do texto acordado polos representantes dos sindicatos CC.OO., CIG, UXT, da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), da asociación Escena Galega, e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO, ACOMPAÑADAS DE JOSÉ LOSADA, PROTAGONIZAN ESTA PROPOSTA DE CLOWN INSPIRADA NA SERIE TELEVISIVA INGLESA "OS VINGADORES"
[12/02/2009] Maquinaria Pesada debuta esta fin de semana como nova compañía escénica galega coa estrea do espectáculo
As vingadoras, o sábado 14 ás 21.00 horas e o domingo 15 ás 18.00, no marco do ciclo "Circo en escena" que se está a celebrar no Salón Teatro de Santiago. As actrices galegas Marián Bañobre e Isabel Risco presentan así o seu novo proxecto en común, que inician con esta proposta dirixida por John Wright e baseada na serie televisiva inglesa
The avengers (
Os vingadores).
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
| 164 |
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
| Seguintes