Novas
CON DIRECCIÓN DE ETELVINO VÁZQUEZ, 7 ACTORES E ACTRICES DAN NOVA VIDA, 28 ANOS DESPOIS DA SÚA PRIMEIRA REPRESENTACIÓN, A ESTE TEXTO GALARDOADO CO PREMIO ABRENTE
[27/06/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 28 ás 21.00 h e o domingo 29 ás 18.00 h a estrea de
Bailadela da morte ditosa, a última produción de
Teatro de Ningures na que a compañía de Cangas do Morrazo recupera e reivindica o legado de Roberto Vidal Bolaño. Con dirección de Etelvino Vázquez, un total de sete actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar nova a este texto, galardoado co Premio Abrente de Ribadavia en 1980 e levado a escena polo autor nese mesmo ano coa súa compañía daquela, Teatro do Estaribel.
A CANTAUTORA GALEGA INTERPRETARÁ TEMAS DO SEU ÚLTIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO, "DORA MAAR 74", NO CONCERTO QUE OFRECERÁ O VENRES 27, ÁS 22.00 H
[25/06/2008] A cantautora galega
Carmen Dor pechará este venres día 27, ás 22.00 horas no Salón Teatro, o Ciclo Novas Músicas cun concerto no que presentará o seu último disco,
Dora Maar 74, que supón un punto de inflexión no traballo desenvolvido pola artista até o momento. Coa actuación de Dor clausúrase esta programación dedicada a músicos da nova escena galega, na que tamén participaron o dúo composto por Fran Pérez (Narf) e Manecas Costas, e Nordestin@s, o proxecto musical formado por Abe Rábade, Guadi Galego e Ugia Pedreira.
ESTE VENRES CELÉBRASE A FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL
[25/06/2008] O Auditorio Muncipal de Vilagarcía acolle este venres día 27 ás 21.00 horas a posta en escena de
Estigma, espectáculo resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
O TEATRO JOFRE ACOLLE ESTE DOMINGO UNHA FUNCIÓN DA MONTAXE DIRIXIDA POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL
[20/06/2008] O Teatro Jofre de Ferrol acolle este domingo día 22 ás 20.30 horas o espectáculo
Estigma, resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
ABE RÁBADE, GUADI GALEGO E UGÍA PEDREIRA UNEN OS SEUS TALENTOS PARA MODELAR O REPERTORIO MARIÑEIRO DO NORTE NO RECITAL QUE OFRECERÁN O 20 DE XUÑO ÁS 22.00 H
[18/06/2008] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 20 de xuño un concerto a cargo do grupo
Nordestin@s, co que continúa o Ciclo Novas Músicas. O recital, que dará comezo ás 22.00 horas, é unha ollada contemporánea á tradición mariñeira de tres dos músicos máis relevantes do panorama galego actual: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugía Pedreira (Chouteira, Marful).
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
| 165 |
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes