Novas
MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO, ACOMPAÑADAS DE JOSÉ LOSADA, PROTAGONIZAN ESTA PROPOSTA DE CLOWN INSPIRADA NA SERIE TELEVISIVA INGLESA "OS VINGADORES"
[12/02/2009] Maquinaria Pesada debuta esta fin de semana como nova compañía escénica galega coa estrea do espectáculo
As vingadoras, o sábado 14 ás 21.00 horas e o domingo 15 ás 18.00, no marco do ciclo "Circo en escena" que se está a celebrar no Salón Teatro de Santiago. As actrices galegas Marián Bañobre e Isabel Risco presentan así o seu novo proxecto en común, que inician con esta proposta dirixida por John Wright e baseada na serie televisiva inglesa
The avengers (
Os vingadores).
O ACRÓBATA DO MASTRO CHINÉS JOÃO P. PEREIRA DOS SANTOS DESAFÍA A GRAVIDADE DURANTE A EXECUCIÓN DA COREOGRAFÍA ESPECIALMENTE CREADA PARA EL POR RUI HORTA
[06/02/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 7 ás 20.30 horas e domingo 8 ás 18.00 horas- dúas funcións do espectáculo de mastro chinés
Contigo, a cargo da compañía portuguesa O Último Momento. Continúa así o ciclo "Circo en escena", unha iniciativa pioneira en Galicia que durante este mes de febreiro amosa no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) algunhas das propostas que están a ser escenificadas nos festivais e programacións máis prestixiosos do mundo.
O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POLO PORTUGUÉS NUNO CARDOSO, REPRESENTARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL O XOVES 5 PARA ESTUDANTES E O VENRES 6 PARA PÚBLICO XERAL
[03/02/2009] O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Vilagarcía, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- o xoves 5, ás 10.30 horas (concertada para estudantes), e o venres 6, ás 21.00 horas.
CIRCO CONTEMPORÁNEO, FLAMENCO E MÚSICA EN DIRECTO DANSE A MAN NESTA MONTAXE QUE PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O XOVES 5 E O VENRES 6 ÁS 20.30 H
[03/02/2009] A fusión do novo circo e o flamenco chega ao Salón Teatro de Santiago da man da compañía andaluza Varuma Teatro, que escenificará o xoves 5 e o venres 6, ás 20.30 horas, a peza
Malgama. Con este espectáculo iníciase no escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) o ciclo "Circo en escena", dentro do que tamén actuarán a compañía portuguesa O Último Momento coa montaxe
Contigo (días 7 e 8), a galega Maquinaria Pesada que debutará coa estrea de
As vingadoras (días 14 e 15), e finalmente, os franceses
Ieto co espectáculo homónimo, premiado no festival Jeunes Talents Cirque Europe 2008 (días 19 e 20).
A MONTAXE, REALIZADA POR UN EQUIPO GALEGO-PORTUGUÉS DO QUE FORMAN PARTE DOCE ACTORES E ACTRICES, REPRESÉNTASE O XOVES 29, ÁS 10.30 H, PARA ESTUDANTES E O VENRES 30, ÁS 20.30 H, PARA PÚBLICO XERAL
[27/01/2009] O Teatro Jofre de Ferrol acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Ferrol, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción, a primeira da súa temporada 2008-2009: o xoves 29, ás 10.30 horas (concertada para estudantes), e o venres 30, ás 20.30 horas, para público xeral.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
| 166 |
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes