AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A MONTAXE, REALIZADA POR UN EQUIPO GALEGO-PORTUGUÉS DO QUE FORMAN PARTE DOCE ACTORES E ACTRICES, REPRESÉNTASE O XOVES 29, ÁS 10.30 H, PARA ESTUDANTES E O VENRES 30, ÁS 20.30 H, PARA PÚBLICO XERAL

O CDG representa "A boa persoa de Sezuán" no Teatro Jofre de Ferrol

Documento anexo[27/01/2009] O Teatro Jofre de Ferrol acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Ferrol, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción, a primeira da súa temporada 2008-2009: o xoves 29, ás 10.30 horas (concertada para estudantes), e o venres 30, ás 20.30 horas, para público xeral.
UNHA NOVA EXTENSIÓN DO FESTIVAL DE MÚSICA SINSAL COMPLETARÁ A CARTELEIRA DE 50 FUNCIÓNS PREVISTAS PARA O ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O ciclo "Circo en escena" e a estrea de "As dunas" protagonizan a programación de inverno do Salón Teatro

Documento anexo[22/01/2009] O Salón Teatro de Santiago enfronta un novo período de programación trimestral co teatro e o novo circo como grandes protagonistas. O espazo escénico xestionado polo Centro Dramático Galego (CDG), que acolle na actualidade e até o 31 de xaneiro a reposición da produción propia Noite de Reis como primeira actividade anual, desenvolverá até finais de marzo un total de 50 funcións a cargo de sete formacións artísticas.
A MONTAXE DESTA OBRA DE BRECHT, QUE NUNO CARDOSO DIRIXIU PARA O CDG, REPRESENTARASE OS DÍAS 21 E 22 PARA ESTUDANTES E 23 E 24 PARA PÚBLICO XERAL

O Teatro Principal de Ourense acolle catro funcións do espectáculo "A boa persoa de Sezuán"

Documento anexo[19/01/2009] O Teatro Principal de Ourense acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Ourense, o CDG ofrecerá catro funcións desta primeira produción da súa temporada 2008-2009: dúas para estudantes (mércores 21 e xoves 22, ás 10.30 horas), e outras dúas para o público xeral (venres 23 e sábado 24, ás 20.30 horas).
ESTE SEGUNDO ENCONTRO DO CURSO "PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE III" CELÉBRASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 19 AO 23 DE XANEIRO

O autor asturiano Maxi Rodríguez imparte un obradoiro de escrita teatral no Centro de Creación Dramática do CDG

[16/01/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir do luns 19 o segundo dos catro obradoiros que conforman o curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartido polo dramaturgo asturiano Maxi Rodríguez e supervisado por Cándido Pazó. Un grupo de 12 alumnos seguirá esta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres día 23 en horario de 17.00 a 20.00 h.
A MONTAXE DESTA OBRA DE BERTOLT BRECHT, REALIZADA POR UN EQUIPO GALEGO-PORTUGUÉS BAIXO A DIRECCIÓN DE NUNO CARDOSO, REPRESÉNTASE MAÑÁ PARA ESTUDANTES E O SÁBADO PARA PÚBLICO XERAL

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle "A boa persoa de Sezuán" do CDG

Documento anexo[15/01/2009] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta fin de semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Pontevedra, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- mañá venres 16, ás 10.00 horas (concertada para estudantes), e o sábado 17, ás 21.00 horas.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 | 168 | 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal