Novas
PODEN PARTICIPAR TODOS OS NENOS E NENAS A PARTIR DE 8 ANOS QUE ASISTAN ÁS FUNCIÓNS DE FIN DE SEMANA DO ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
[28/03/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza esta fin de semana en Santiago un xogo de rol como actividade complemetaria ás funcións para público familiar da súa produción
Valdemuller, que se desenvolven sábado e domingo no Salón Teatro. O xogo, que leva por título
O misterio de Valdemuller dará comezo ás 16.45 horas, durará uns 60 minutos e nel poderán participar nenos e nenas a partir de 8 anos mediante a súa inscrición ao mercar a entrada ao espectáculo.
A PRODUCIÓN 'NOITE DE REIS. OU O QUE QUEIRADES' FOI RECOÑECIDA CON CINCO GALARDÓNS -ENTRE ELES, OS DE MELLOR ESPECTÁCULO E DIRECCIÓN- E 'A PIRAGUA' CON CATRO
[28/03/2008] Os espectáculos do Centro Dramático Galego
Noite de Reis. Ou o que queirades e
A piragua foron recoñecidos cun total de nove galardóns na gala dos XII Premios de Teatro María Casares, celebrada onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
AS REPRESENTACIÓNS DAS FINS DE SEMANA IRÁN PRECEDIDAS DUN XOGO DE ROL DE BUSCA E MISTERIO PARA NENOS E NENAS A PARTIR DE 8 ANOS
[25/03/2008] O Salón Teatro de Santiago acollerá dende mañá e até o vindeiro 20 de abril un total de 20 funcións do novo espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
Valdemuller, dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo a creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG aposta polo teatro de obxectos a través dunha montaxe especialmente pensada para o público infantil e xuvenil (nenos e nenas, a partir dos oito anos).
AS MONTAXES ‘A PIRAGUA’ E ‘NOITE DE REIS’ COMPITEN, ENTRE OUTRAS CATEGORÍAS, POLOS GALARDÓNS AO MELLOR ESPECTÁCULO E Á MELLOR DIRECCIÓN
[18/03/2008] O CDG logrou un total de 16 candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2008 polos seus espectáculos
A piragua, dirixido por Cándido Pazó, e
Noite de Reis. Ou o que queirades, por Quico Cadaval. Os gañadores da décimo segunda edición dos galardóns que convoca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia daranse a coñecer o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, no transcurso dunha gala que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e retransmitirá a TVG.
JUAN MARGALLO E PETRA MARTÍNEZ PROTAGONIZAN ESTA MONTAXE, QUE URÓC TEATRO PRESENTARÁ EN COMPOSTELA O XOVES 13 E O VENRES 14 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS
[11/03/2008] A última produción da compañía Uróc Teatro,
Adosa@dos, recala esta semana no Salón Teatro de Santiago, despois de permanecer en carteleira no Teatro Español de Madrid durante corenta días cunha excelente acollida de público. O espazo escénico de Compostela acolle dúas funcións do espectáculo que protagonizan Juan Margallo e Petra Martínez, que terán o xoves 13 e o venres 14 ás 20.30 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
| 169 |
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes