Novas
A "ANDRÓXINA ARTISTA CIRCENSE" COMPARTE CARTELEIRA COS VIGUESES DE O FILLO PAUSADO
[06/03/2008] Baby Dee pechará este sábado día 8 ás 22:00 horas no Salón Teatro a extensión en Santiago de Compostela do Festival Sinsal, cun concerto no que a singular artista norteamericana presentará o seu novo disco
Safe Inside The Day . Dee compartirá cartel cos galegos O Fillo Pausado, a innovadora proposta do vigués Magú Castromil. Con esta actuación clausúrase a programación musical inserida dentro do Sinsal Santiago, un certame estacional que ten a súa orixe e sede principal en Vigo, e que, grazas á colaboración dos organizadores co Centro Dramático Galego (CDG) levou a Compostela nesta segunda edición a Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road, Igloo, Michael Gira e Fabrizio Modonese (r).
CONTINÚAN OS CURSOS 'PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE II' E 'A ESCENA AUMENTADA: GALIZA'
[03/03/2008] O
Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) retoma a partir de hoxe a súa actividade en Compostela co inicio do terceiro obradoiro do curso de escritura teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade II, impartido polo dramaturgo portugués Jacinto Lucas Pires e supervisado por Cándido Pazó, e da segunda parte do laboratorio de investigación e innovación escénica a cargo de Rosa Sánchez e Alain Baumann, de Kònic Thtr.
OFRECE UNHA FUNCIÓN PARA PÚBLICO FAMILIAR O MÉRCORES 5 DE MARZO, ÁS 21.00 HORAS, E OUTRA CONCERTADA PARA ESCOLARES O XOVES 6, ÁS 11.30 HORAS
[29/02/2008] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle os días 5 e 6 de marzo a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
Valdemuller, un espectáculo de teatro de obxectos dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo unha creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG arrisca na súa aposta por unha combinación de elementos tradicionalmente asociados a programacións consideradas menores, como son o teatro de monicreques e o teatro dirixido especialmente a público en idade adolescente.
CON DIRECCIÓN DE MONTSE TRIOLA, A OBRA CONTÉN MÚSICA EN DIRECTO E PERFORMANCES
[28/02/2008] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 1 ás 20.30 horas e domingo 2 ás 18.00 horas) o debut en Galiza de PeriFeria, a primeira produción de Voadora como nova compañía escénica, resultado dun proxecto de colaboración entre o Centro Dramático Galego (CDG) e a Associação Cultural Recreativa de Tondela (ACERT), Portugal. Con dirección de escena e dramaturxia da actriz e produtora catalana Montse Triola,
PeriFeria é o resultado dun proceso de creación colectiva a partir dos textos de Marta Freitas, Carlos Santiago, Manolo Cortés e do elenco de Voadora, integrado por Marta Pazos, José Díaz, Hugo Torres e Afonso Castro.
O DITAME DO XURADO RECOÑECE TAMÉN A CALIDADE E TRAXECTORIA PROFESIONAL DA ACTRIZ E A SÚA PARTICIPACIÓN NA MEIRANDE PARTE DOS EVENTOS DO TEATRO INDEPENDENTE GALEGO
[22/02/2008] Luísa Merelas é a gañadora do VII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, convocado polo Concello de Padrón e cunha dotación económica de 1.200 €. Así o decidiu onte por unanimidade o xurado deste galardón, que recoñece a actriz coruñesa como "
muller de mulleres pola súa calidade e traxectoria profesional (...), por formar parte da meirande parte dos eventos do teatro independente e polo seu espectáculo do último ano
O regreso ao deserto do Centro Dramático Galego".
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
| 170 |
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes