Novas
A PRIMEIRA COPRODUCIÓN DA TEMPORADA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO PODE VERSE O SÁBADO 26, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 27, ÁS 18.00
[24/01/2008] A Compañía Daniel Abreu, en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), presenta os vindeiros sábado 26 ás 20.30 horas e domingo 27 ás 18.00 horas o espectáculo
Negro, primeira proposta do plan de coproducións do CCG para a actual temporada escénica. Trátase dun traballo intimista dirixido polo coreógrafo canario e interpretado por el mesmo xunto a tres bailarinas galegas, baseado no corpo como único instrumento e na poética que se pode atopar nos xestos e nos obxectos máis cotiáns.
DADO O ÉXITO DE PÚBLICO ACADADO, O CDG REPORÁ A OBRA EN 2009
[23/01/2008] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
Noite de Reis. Ou o que queirades, rematou o seu período de distribución en Galiza cun balance de 14.984 espectadores, despois dunha xira de practicamente tres meses de duración por 11 escenarios das catro provincias.
CARME PORTACELI DIRIXE ESTE ESPECTÁCULO DE TEATRO COMPROMETIDO E ALTERNATIVO, QUE PODERÁ VERSE EN COMPOSTELA O SÁBADO 19, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 20, ÁS 18.00
[18/01/2008] A Factoría Escénica Internacional (FEI) porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela
El agresor, montaxe teatral da que ofrecerá dúas funcións, o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo alternativo, fóra dos círculos convencionais, que conta coa dirección de Carme Portaceli, un dos máis destacados nomes da escena catalá.
O ESPECTÁCULO FOI VISTO ATÉ O MOMENTO POR 10.740 ESPECTADORES
[15/01/2008] O Auditorio Municipal de Narón acolle esta semana as últimas funcións do espectáculo do CDG
Noite de Reis. Ou o que queirades, dirixido por Quico Cadaval. Coas representacións dos días 17, para institutos; e 18 e 19, para o público xeral, remata un exitoso período de exhibición de case tres meses de duración, que rexistrou cheos de público na meirande parte das 23 representacións ofrecidas até o momento. A montaxe, coa que a compañía pública iniciou o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, foi representada en once escenarios galegos ante máis de 10.740 espectadores.
O ESPAZO COMPOSTELÁN CREA O BONO CIDADANÍA, VÁLIDO PARA ASISTIR A CINCO FUNCIÓNS
[11/01/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugura esta fin de semana a súa nova programación semestral co espectáculo de danza contemporánea
Larandland, que a compañía catalá Mudances escenificará o sábado 12, ás 20.30 h, e o domingo 13, ás 18.00. Esta é a primeira proposta dunha ampla carteleira que, até o mes de xuño, dá cabida a un total de 56 funcións desenvolvidas por 18 formacións artísticas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
| 172 |
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
| Seguintes