Novas
O ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO OFRECERÁ UN TOTAL DE 42 FUNCIÓNS DE TEATRO E DANZA DESDE SETEMBRO E ATA FINAIS DE ANO
[07/08/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugurará en setembro a carteleira da súa nova temporada escénica 2008-2009, que ata finais de ano ofrecerá un total de 42 funcións de teatro e danza, cunha destacada presenza do teatro feito en Galicia. Así, a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) presenta os últimos espectáculos das compañías galegas Matarile Teatro, Teatro Cachuzo, Lagarta Lagarta, Teatro do Atlántico, Galitoon, Pistacatro e Sarabela Teatro, que compartirán cartel con Kónic Thtr (Cataluña), Atra Bilis (Madrid), Teatro do Frío (Porto) e Teatro Gorakada (Euskadi) e coa nova produción do CDG,
A boa persoa de Sezuán, de Bertolt Brecht baixo dirección de Nuno Cardoso.
OS ESPECTÁCULOS DA TEMPORADA 2007-2008 -'NOITE DE REIS. OU O QUE QUEIRADES', 'VALDEMULLER' E 'ESTIGMA'- SUMARON UN TOTAL DE 139 FUNCIÓNS DENTRO E FÓRA DE GALICIA
[01/08/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) conclúe a súa temporada 2007-2008 confirmando o apoio do público á súa actividade de produción propia, que congregou un total de 30.142 espectadores nos seus tres últimos espectáculos:
Noite de Reis. Ou o que queirades,
Valdemuller e
Estigma. A compañía pública ofreceu 139 funcións destas montaxes en diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia, visitando destacados encontros escénicos como o Festival de Teatro Clásico de Almagro, o Festival Fazer a Festa de Porto e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
A VERSIÓN DA OBRA DE SHAKESPEARE ASINADA E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL EXHIBIRASE DO 21 AO 25 DE XULLO ÁS 21.30 HORAS (AGÁS O XOVES 24, ÁS 21.00 H)
[17/07/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) reporá a semana que vén no Salón Teatro de Santiago a súa primeira produción da temporada,
Noite de Reis. Ou o que queirades, coa que acadou un éxito con escasos precedentes na escena galega. As funcións desta versión da comedia de Shakespeare asinada e dirixida por Quico Cadaval desenvolveranse do 21 ao 25 de xullo ás 21.30 horas (agás o xoves 24, ás 21.00 h) neste escenario compostelán, no que o espectáculo xa foi representado o ano pasado colgando o cartel de non hai billetes en repetidas ocasións.
O ESPECTÁCULO QUE DIRIXE QUICO CADAVAL REGRESARÁ AO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 21 AO 25 DE XULLO, TRALO ÉXITO OBTIDO DURANTE A SÚA EXHIBICIÓN O ANO PASADO
[10/07/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá no
XXXI Festival de Teatro Clásico de Almagro con
Noite de Reis. Ou o que queirades, espectáculo que a compañía pública repón neste mes de xullo tralo gran éxito de público obtido durante o seu primeiro período de distribución, de setembro de 2007 a xaneiro de 2008.
AS FUNCIÓNS CELÉBRANSE OS DÍAS 2 E 3 DE XULLO ÁS 20.30 HORAS
[30/06/2008] O Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña acolle esta semana dúas funcións de
Estigma, espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) que xurdiu do proxecto de dramaturxia residente DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo de Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. As representacións da Coruña, que terán lugar os días 2 e 3 de xullo ás 20.30 horas, insírense dentro da xira galega que a compañía pública está a desenvolver por diferentes escenarios galegos en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
| 174 |
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
| Seguintes