Novas
O ESPECTÁCULO DO CDG VISITOU 12 LOCALIDADES GALEGAS E DOUS DESTACADOS ESPAZOS DA PENÍNSULA: O CENTRO ESCALANTE DE VALENCIA E O FESTIVAL FAZER A FESTA DE PORTO
[28/05/2008] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG)
Valdemuller
rematou hoxe o seu período de distribución cun total de 59 funcións ofrecidas e un balance de 7.676 espectadores, despois dunha extensa xira de tres meses de duración por 12 escenarios das catro provincias, así como por dous destacados espazos fóra de Galiza: o Centro Teatral Escalante de Valencia, que se caracteriza pola súa especialización no teatro infantil e xuvenil, e no Festival Internacional de Teatro Fazer a Festa da cidade portuguesa de Porto.
O AUDITORIO MUNICIPAL OFRECE DÚAS FUNCIÓNS DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL
[27/05/2008] O Auditorio Muncipal de Narón acolle o venres 30 e o sábado 31 de maio dúas funcións de
Estigma, espectáculo resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
O RECITAL, ENMARCADO NO CICLO DA CONSELLARÍA DE CULTURA "AS NOSAS MÚSICAS, OS NOSOS SONS", TERÁ LUGAR MAÑÁ ÁS 20.30 HORAS CON ENTRADA LIBRE
[22/05/2008] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá venres 23, ás 20.30 horas, unha homenaxe ao compositor vigués Enrique X. Macías no cincuenta aniversario do seu nacemento, a cargo da formación portuguesa Sond’Ar-te Electric Ensemble. O repertorio para este recital, de entrada libre até completar o aforo, abrangue tres pezas desta destacada figura da música contemporánea que viu truncada a súa prometedora carreira ao chegarlle a morte aos trinta e sete anos.
OFRECERÁ CATRO FUNCIÓNS EN COMPOSTELA, DO MÉRCORES 21 AO SÁBADO 24, ÁS 22.00 H.
[19/05/2008] A
Sala Nasa de Santiago acolle esta semana -do mércores 21 ao sábado 24 de maio, ás 22.00 horas- a estrea de
Cascuda, unha peza de creación de personaxes e atmósferas baseada na difusa fronteira que separa a tolemia da cordura, a cargo de Diego Anido en coprodución co Centro Dramático Galego. O creador galego asume tamén a dirección e a interpretación desta montaxe, na que conxuga as linguaxes de teatro de texto, clown e danza contemporánea.
O CDG INICIARÁ A CONTINUACIÓN A XIRA DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA A CARGO DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL
[15/05/2008] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG)
Estigma despídese esta fin de semana do Salón Teatro de Santiago con tres últimas funcións que terán lugar o venres 16 e o sábado 17, ás 20.30 horas, e o domingo 18, ás 18.00. A continuación, o CDG iniciará a xira galega desta produción dirixida por Dani Salgado a partir do proxecto de dramaturxia residente DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
| 175 |
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes