AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

PISTACATRO PROTAGONIZA ESTA FUNCIÓN MÓBIL HOXE VENRES ÁS 18.00, 19.00 E 20.00 HORAS

O CDG ofrece un pequeno espectáculo promocional de 'Valdemuller' no centro comercial Área Central de Compostela

[04/04/2008] O Centro Dramático Galego organiza hoxe venres no Centro Comercial Área Central de Santiago unha pequena función móbil como actividade complementaria ás funcións para público familiar da súa produción Valdemuller, que terán lugar o sábado e domingo no Salón Teatro ás 18.00 horas. Esta pequena representación, a cargo da compañía galega de novo circo Pistacatro, busca sorprender coa maxia das artes escénicas aos viandantes, demostrando que a escena é algo próximo, divertido e sorprendente que forma parte da vida cotiá. En total, desenvolveranse tres pases, ás 18.00, ás 19.00 e ás 20.00 horas, de aproximadamente vinte minutos de duración.
A ACTUACIÓN -O SÁBADO 5, ÁS 21.00 E O DOMINGO 6, ÁS 20.00 H.- INSÍRESE NO PROGRAMA DO CURSO DE MEDIACIÓN CULTURAL QUE ORGANIZA O CCG EN COLABORACIÓN CO CDG

Olga Mesa presenta 'Solo a ciegas' no programa do Salón Teatro na Sala Nasa

[04/04/2008] A coreógrafa e artista visual Olga Mesa presenta en Santiago o seu novo espectáculo Solo a ciegas. Con lágrimas azules, un universo de experimentación cheo de evocacións, presenzas limítrofes e memorias, que se poderá ver mañá sábado día 5 ás 21.00 horas e o domingo 6 ás 20.00 horas dentro da programación que o Salón Teatro desenvolve na Sala Nasa e como parte do curso ‘As novas relacións cos públicos’ que organizan Centro Coreográfico Galego (CCG) e Centro Dramático Galego.
PODEN PARTICIPAR TODOS OS NENOS E NENAS A PARTIR DE 8 ANOS QUE ASISTAN ÁS FUNCIÓNS DE FIN DE SEMANA DO ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

O Salón Teatro organiza un xogo de rol para resolver o misterio de 'Valdemuller'

Documento anexo[28/03/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza esta fin de semana en Santiago un xogo de rol como actividade complemetaria ás funcións para público familiar da súa produción Valdemuller, que se desenvolven sábado e domingo no Salón Teatro. O xogo, que leva por título O misterio de Valdemuller dará comezo ás 16.45 horas, durará uns 60 minutos e nel poderán participar nenos e nenas a partir de 8 anos mediante a súa inscrición ao mercar a entrada ao espectáculo.
A PRODUCIÓN 'NOITE DE REIS. OU O QUE QUEIRADES' FOI RECOÑECIDA CON CINCO GALARDÓNS -ENTRE ELES, OS DE MELLOR ESPECTÁCULO E DIRECCIÓN- E 'A PIRAGUA' CON CATRO

O Centro Dramático Galego obtén nove premios na gala dos María Casares

[28/03/2008] Os espectáculos do Centro Dramático Galego Noite de Reis. Ou o que queirades e A piragua foron recoñecidos cun total de nove galardóns na gala dos XII Premios de Teatro María Casares, celebrada onte no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
AS REPRESENTACIÓNS DAS FINS DE SEMANA IRÁN PRECEDIDAS DUN XOGO DE ROL DE BUSCA E MISTERIO PARA NENOS E NENAS A PARTIR DE 8 ANOS

O CDG ofrece 20 funcións de 'Valdemuller' no Salón Teatro de Santiago

Documento anexo[25/03/2008] O Salón Teatro de Santiago acollerá dende mañá e até o vindeiro 20 de abril un total de 20 funcións do novo espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), Valdemuller, dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo a creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG aposta polo teatro de obxectos a través dunha montaxe especialmente pensada para o público infantil e xuvenil (nenos e nenas, a partir dos oito anos).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 | 177 | 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal