AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

UN TOTAL DE 12 ALUMNOS ESTUDAN A RELACIÓN ENTRE ESCRITURA ESCÉNICA E NOVAS TECNOLOXÍAS

Principia o curso "A escena aumentada: Galiza" a cargo de Kònic Thtr

[05/11/2007] Un total de 12 alumnos participan desde hoxe en Santiago no curso A escena aumentada: Galiza, un proxecto de investigación, desenvolvemento e innovación que abre a temporada do Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC) do Centro Dramático Galego (CDG). A iniciativa, que pretende estudar a relación da escritura escénica coas linguaxes audiovisuais, é unha experiencia interdisciplinar que intercala instalacións e performance, e busca a relación entre movemento, palabra, vídeo, son e datos dixitais xestionados en escena a tempo real. O CDC funda deste xeito unha liña de investigación e formación escénica inédita até o de agora en Galiza e vencellada ás novas tecnoloxías.
A OBRA DE PAULA CARBALLEIRA, GAÑADORA DO I PREMIO MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL, ESCENIFÍCASE O 2 DE NOVEMBRO ÁS 20.00 HORAS

A estrea de 'Boas noites' abre a nova programación do Salón Teatro

Documento anexo[30/10/2007] A estrea do espectáculo Boas Noites, da compañía compostelá Berrobambán, abre a nova carteleira de programación do Salón Teatro de Santiago cunha única función que terá lugar o vindeiro venres 2 de novembro, ás 20.00 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) inicia con esta proposta escénica especialmente dirixida a público infantil o seu último período anual de programación, para o que están previstas até finais de decembro un total de 17 funcións, con especial protagonismo do teatro galego.
O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS PARA INSTITUTOS (DÍAS 25 E 26) E DÚAS PARA PÚBLICO XERAL (DÍAS 27 E 28)

O CDG inicia en Ourense a xira de 'Noite de Reis. Ou o que queirades'

[23/10/2007] O Teatro Principal de Ourense acolle esta semana a obra Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que o Centro Dramático Galego (CDG) iniciou o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.
O SALÓN TEATRO DE SANTIAGO COLGOU EN DÚAS OCASIÓNS A CARTELEIRA DE ‘NON HAI LOCALIDADES’

Máis de 1.300 persoas teñen asistido ás primeiras funcións do espectáculo 'Noite de Reis. Ou o que queirades'

[11/10/2007] Un total de 1.339 espectadores asistiron até agora en Compostela á nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) Noite de Reis. Ou o que queirades, estreada o pasado venres 28. O espectáculo dirixido por Quico Cadaval a partir do texto de William Shakespeare, está a rexistrar un gran éxito de público, tanto nas funcións de público xeral como nos pases matinais aos que acoden alumnos de bacharelato.
QUICO CADAVAL DIRIXE O ESPECTÁCULO, QUE OFRECERÁ 18 FUNCIÓNS EN SANTIAGO

O Salón Teatro acolle o día 28 a estrea de "Noite de Reis. Ou o que queirades" do Centro Dramático Galego

Documento anexo[26/09/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 28 ás 21.00 horas a estrea da obra Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que a compañía pública inicia o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 | 182 | 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal