AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

AS FUNCIÓNS SERÁN OS DÍAS 1 E 2 DE FEBREIRO ÁS 20:30 H.

A compañía catalana de danza Marta Carrasco amosa no Salón Teatro a súa última peza "J'arrive...!"

[31/01/2007] O Salón Teatro de Santiago acollerá mañá día 1 e o venres 2 de febreiro, ás 20.30 horas, dúas funcións de J’arrive...!, o último espectáculo da Compañía Marta Carrasco, no que a bailarina e coreográfa catalana realiza un percorrido por todas as súas creacións realizadas nos últimos dez anos. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) continúa así coa súa programación trimestral con esta novedosa proposta de danza, nunha semana na que tamén estará presente Ur Teatro, os días 3 e 4 co espectáculo El chico de la última fila.


A COMPAÑÍA INSTITUCIONAL RECUPERA ESTE ESPECTÁCULO DE 1978 CUNHA NOVA VERSIÓN PARA PÚBLICO FAMILIAR

O CDG estrea o 2 de febreiro en Vigo "Tarará-Chis-Pum!", baixo a dirección de Artello-Teatro Alla Scala 1:5

Documento anexo[30/01/2007] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea o próximo venres 2 de febreiro en Vigo o seu novo espectáculo Tarará-chis-pum! , unha montaxe destinada ao público familiar coa que a compañía institucional chega ao ecuador da temporada escénica 2006-2007. A produción ofrece unha nova versión do espectáculo homónimo representado en 1978 por Artello Teatro; e a súa incorporación ao repertorio do CDG insírese na liña programática da unidade teatral pública respecto á captación de público infantil como unha das súas prioridades.
O AUTOR, ACTOR E DIRECTOR VALENCIANO EXERCITARÁ CON 14 ALUMNOS RECURSOS PARA A CONSTRUCIÓN DE OBRAS

Paco Zarzoso imparte o obradoiro "A estrutura dunha peza" dentro do Centro de Creación Dramática Contemporánea

[29/01/2007] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe o segundo obradoiro do total de tres que conforman o curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade, impartido polo dramaturgo valenciano Paco Zarzoso e supervisado por Cándido Pazó, o autor residente no CDG na presente temporada. Un grupo de 14 alumnos seguerá esta actividade, que se desenvolverá até o venres día 2 de febreiro baixo o título A estrutura dunha peza e na que se abordarán os distintos elementos da teatralidade á hora de abordar o traballo dramatúrxico.
ANTON SKRYPICIEL INTERPRETA EN SOLITARIO ESTA PEZA CONSTRUÍDA A PARTIR DE TEXTOS DE FERNANDO PESSOA

A compañía portuguesa de danza Rui Horta representa no Salón Teatro o espectáculo "Bones&Oceans"

[25/01/2007] O Salón Teatro de Santiago ofrece maña xoves 25 e o venres 26, ás 20:30 horas, dúas funcións do espectáculo Bones&Oceans , coreografía da compañía portuguesa Rui Horta, como parte da programación escénica deseñada este trimestre polo Centro Dramático Galego (CDG) para este espazo compostelán. A obra está baseada nunha das súas últimas obras producidas en Alemaña nos anos 90 por Horta, que crea neste novo traballo un dueto solitario para un home e un can de metal.
ESPECTÁCULOS DE UR, TEATRO LLIURE, RAYO MALAYO OU LA ZARANDA PASARÁN POLO ESCENARIO DO ESPAZO DO CDG

O Salón Teatro inicia 2007 cunha nova programación trimestral de 15 grupos de teatro, danza e música contemporánea

Documento anexo[17/01/2007] O Salón Teatro de Santiago inicia a súa nova programación trimestral cunha extensa carteleira que dá cabida a un total de 46 funcións desenvolvidas por 15 formacións artísticas. Teatro actual, danza moderna e música contemporánea son os tres eixos que sustentan o calendario de actividades que se prolongará até finais de marzo, mediante a presenza dunha coidada selección de compañías e artistas, tanto galegos como de fóra de Galicia, co obxectivo da consolidación do escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) como espazo de referencia para toda Galicia.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 | 184 | 185 186 187 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal