Novas
A PEZA DE MARUXA SALAS MUSICADA POR BERROGÜETTO EXHÍBESE EN COMPOSTELA DO 11 AO 14 DE XANEIRO
[10/01/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle do 11 ao 14 de xaneiro catro representacións de
Vacuo, a peza que Maruxa Salas deseñou para a inauguración do Centro Coreográfico Galego
(CCG), que chega a Compostela trala súa estrea o pasado 6 de xaneiro na Coruña como primeira proposta artística da nova unidade de danza dependente da Consellería de Cultura e Deporte ao través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais).
COMEZA HOXE CO ESPECTÁCULO "ENRIQUE 5º" DE ACHIPERRE TEATRO
[26/12/2006] O Salón Teatro de Santiago acolle dende hoxe e até o 30 de decembro o ciclo Teatro Infantil de Nadal, no marco do que se exhibirán cinco espectáculos escénicos especialmente dirixidos ao público máis novo. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), o festival comeza esta tarde, ás 19.00 horas, da man da compañía Achiperre Teatro, de Zamora, que visita Compostela cunha versión libre da obra de Shakespeare
Enrique V. A continuación actuarán os grupos galegos Talía Teatro con
O merlo branco (día 27), Disque Danza coa montaxe coreográfica
Menú vexetal (día 28), Sapristi con
Unha merenda de Alicias (día 29) e Berrobambán Teatro con
Buh! (día 30).
ESCENIFICA "WOYZECK", CON DIRECCIÓN DE NUNO CARDOSO, OS DÍAS 21 E 22
[19/12/2006] O Salón Teatro de Santiago acollerá os vindeiros días 21 e 22 de decembro, ás 20.30 horas, dúas funcións de
Woyzeck, espectáculo co que o
Teatro Nacional São João de Porto se presenta por vez primeira en Galicia. Nuno Cardoso, un dos novos talentos da dirección escénica portuguesa, dirixe e forma parte do elenco desta versión da obra póstuma e máis coñecida do autor alemán Georg Büchner.
DEZ ACTORES E UNHA BAILARINA INTERPRETAN UNHA HOMENAXE AO POETA E A TODAS AS VÍTIMAS DA GUERRA
[15/12/2006] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana a obra de Pepe Rubianes,
Lorca eran todos, en dúas funcións que terán lugar o sábado ás 20:30 e o domingo ás 18:00 horas. O especáculo, producido pola compañía catalana Fila 7, é unha homenaxe á figura do poeta granadino e, por extensión, a todos cantos foron vítimas da guerra civil española.
Lorca eran todos, que chega a Compostela precedida tanto da polémica como do éxito que suscitou a súa escenificación noutras cidades, concebíuse como unha peza de teatro-documento da que é autor e director Rubianes. Está realizada a partir de textos de Agustín Penón, Ian Gibson, Eduardo Molina Fajardo e José Luis Vila Sanjuán, algúns dos historiadores que traballaron sobre as circunstancias da morte de Federico García Lorca.
"EL SR. IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN" REPRESÉNTASE OS DÍAS 2 E 3 DE DECEMBRO
[30/11/2006] O espectáculo
El Señor Ibrahim y las flores del Corán, que coproducen o Centro Dramático Nacional (CDN) e Uróc Teatro, abrirá o cartel de decembro do Salón Teatro de Santiago con dúas funcións que terán lugar o vindeiro sábado 2 de decembro, ás 20.30 horas, e o domingo día 3, ás 18.00 horas. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), a programación prevista até finais de ano inclúe o espectáculo
Lorca eran todos, escrito e dirixido por Pepe Rubianes, a montaxe de
Woyzeck que Nuno Cardoso dirixiu para o Teatro Nacional São João de Porto, e os cinco espectáculos que configuran a semana de Teatro Infantil de Nadal.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
| 186 |
187
188
| Seguintes