AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O TEATRO JOVELLANOS ESTREA A VERSIÓN EN CASTELÁN DO TEXTO DE ARTELLO

O Centro Dramático leva "Tarará-chis-Pum! á FETÉN

[24/02/2007] A Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas (FETÉN), a máis importante mostra escénica especializada en teatro infantil e xuvenil que se celebra en España, incluíu no programa da súa edición de 2007 unha función da última produción do Centro Dramático Galego (CDG), Tarará-Chis-Pum!, que terá lugar o luns 26 de febreiro ás 10:30 horas no Teatro Jovellanos, principal sede do certame.
A MONTAXE ENGARZA TEXTOS DE ANXOS SUMAI, CÁNDIDO PAZÓ, SONIA TORRE, SUSO DE TORO E XOSÉ MANUEL PAZOS

Ningures estrea no Salón Teatro o espectáculo "Emigrados" baixo a dirección de Etelvino Vázquez

Documento anexo[22/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle os días 23 e 24 de febreiro a estrea de Emigrados, a última produción de Teatro de Ningures, na que a compañía de Cangas de Morrazo aborda desde distintas ópticas o fenómeno da emigración. Con dirección de escena e dramaturxia de Etelvino Vázquez, 7 actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar vida a cinco textos de escritores galegos actuais.
A MONTAXE ENGARZA TEXTOS DE ANXOS SUMAI, CÁNDIDO PAZÓ, SONIA TORRE, SUSO DE TORO E XOSÉ M. PAZOS

Teatro de Ningures estrea no Salón Teatro "Emigrados" baixo a dirección de Etelvino Vázquez

[22/02/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle os días 23 e 24 de febreiro a estrea de Emigrados, a última produción de Teatro de Ningures, na que a compañía de Cangas de Morrazo aborda desde distintas ópticas o fenómeno da emigración. Con dirección de escena e dramaturxia de Etelvino Vázquez, 7 actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar vida a cinco textos de escritores galegos actuais.
O CONCERTO DE ENSAMBLE INSTRUMENTAL É UN REPASO A CINCO OBRAS DA TRAXECTORIA DO COMPOSITOR

Manuel Rodeiro escolle o Salón Teatro para a estrea de "Fende-lo son"

[17/02/2007] O compositor galego Manuel Rodeiro estrea no Salón Teatro de Santiago de Compostela o seu último espectáculo de música contemporánea, Fende-lo Son, un concerto que repasa a través de cinco obras a súa traxectoria profesional. Acompañado polo Ensamble instrumental que forman Felipe González Agell (clarinete), Berta Fresco (piano) e Carme Garrigó (percusión), o evento terá lugar este domingo 18 ás 20.00 horas.
A MÍTICA COMPAÑÍA ANDALUZA OFRECE DÚAS FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO

La Zaranda trae a Santiago o seu teatro expresionista con "Los que ríen los últimos"

[15/02/2007] O grupo La Zaranda presenta no Salón Teatro de Santiago mañá venres 16 e o sábado 17, ás 20.30 horas, a súa última proposta escenográfica Los que ríen los últimos, dirixida por Paco de La Zaranda a partir do texto de Eusebio Calonge, a última proposta escénica desta mítica compañía andaluza. Neste espectáculo volven a estar presentes as constantes estilísticas que caracterizan os traballos de La Zaranda, como son o compromiso existencial e a fidelidade a súas raíces tradicionais como recursos dramáticos, o uso simbólico dos obxectos, o expresionismo visual, a depuración de textos e a creación de personaxes e situacións límites.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 | 187 | 188 189 190 191 192 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal