AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CASE 3.000 ALUMNOS DE 37 COLEXIOS ASISTIRÁN ÁS FUNCIÓNS ESCOLARES

O Salón Teatro acolle até o 31 de marzo a montaxe Tarará-chis-pum! do CDG

Documento anexo[06/03/2007] Un total de 2.775 alumnos procedentes de 37 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro de Santiago da súa nova produción Tarará-chis-pum!. Con esta montaxe destinada ao público familiar a compañía institucional chega ao ecuador da temporada escénica 2006-2007. A obra ofrece unha nova versión do espectáculo homónimo representado en 1978 por Artello Teatro; e a súa incorporación ao repertorio do CDG insírese na liña programática da unidade teatral pública respecto á captación de público infantil como unha das súas prioridades.
XULIO LAGO DIRIXE A ADAPTACIÓN DE CÁNDIDO PAZÓ DO TEXTO DE F. BORDON

Lagarta Lagarta inicia no Salón Teatro a xira de "As últimas lúas"

[02/03/2007] A compañía galega Lagarta Lagarta inicia no Salón Teatro de Santiago a xira da súa última produción, As últimas lúas , unha adaptación de Cándido Pazó do texto Le Ultime Lune de Furio Bordon. Baixo a dirección de Xulio Lago, o trío interpretativo que compoñen Ernesto Chao, Rosa Álvarez e Artur Trillo ofrecerán dúas funcións desta montaxe mañá sábado 3 ás 20.30 h. e o domingo 4 ás 18.00 h., primeiras representacións trala estrea en Narón a pasada semana.
ESTÁ INSPIRADA NA VIDA DE PERSONAXES REAIS DUNHA REXIÓN DE COLOMBIA

O Salón Teatro acolle a danza de Rayo Malayo coa peza "Los olvidados"

[28/02/2007] O Salón Teatro de Santiago ofrece mañá xoves día 1 e o venres día 2, ás 20.30 horas, dúas funcións do espectáculo Los olvidados , coreografía da compañía madrileña Rayo Malayo como parte da programación de danza deseñada este trimestre polo Centro Dramático Galego. A obra está baseada no libro titulado "Los olvidados, resistencia cultural en Colombia", que trata sobre a vida en Magdalena Medio, unha rexión colombiana castigada pola violencia e a pobreza.


O GRUPO DE PERCUSIÓN PORTUGUÉS ACTÚA MAÑÁ MÉRCORES ÁS 20:30 H

Un concerto de Drumming rende tributo a Frank Zappa no compostelán Salón Teatro

[27/02/2007] O grupo de percusión portugués Drumming pecha o ciclo de música actual que veu desenvolvéndose ao longo deste trimestre no Salón Teatro de Santiago de Compostela programado polo Centro Dramático Galego (CDG). Baixo o título de Zapping , a banda lusa renderá mañá a partir das 20:30 horas o seu particular tributo á obra do músico norteamericano, mediante a interpretación de distintas pezas de compositores que recrean o seu estilo.
O TEATRO JOVELLANOS ESTREA A VERSIÓN EN CASTELÁN DO TEXTO DE ARTELLO

O Centro Dramático leva "Tarará-chis-Pum! á FETÉN

[24/02/2007] A Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas (FETÉN), a máis importante mostra escénica especializada en teatro infantil e xuvenil que se celebra en España, incluíu no programa da súa edición de 2007 unha función da última produción do Centro Dramático Galego (CDG), Tarará-Chis-Pum!, que terá lugar o luns 26 de febreiro ás 10:30 horas no Teatro Jovellanos, principal sede do certame.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 | 191 | 192 193 194 195 196 197 198 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal