Novas
CELÉBRANSE NO SALÓN TEATRO TODOS OS MÉRCORES, AGÁS O 1 DE NOVEMBRO, ÁS 11.00 HORAS
[25/10/2006] Alumnos dun total de 15 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro de Santiago coa súa produción
O regreso ao deserto, do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. Dirixido por Cristina Domínguez Dapena, o novo espectáculo da compañía pública permanecerá neste escenario compostelán até o 19 de novembro, con cinco funcións semanais (o mércores para estudantes –agás o 1 de novembro– e de xoves a domingo para o público xeral).
O ESPECTÁCULO REPRESÉNTASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 2O DE OUTUBRO AO 19 DE NOVEMBRO
[18/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) inaugura o vindeiro venres a súa nova temporada teatral coa estrea, ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago, do espectáculo
O regreso ao deserto, primeira versión en galego desta obra do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. A directora da compañía adscrita ao IGAEM da Consellería de Cultura e Deporte, Cristina Domínguez, púxose á fronte desta montaxe que permanecerá en Compostela até o 19 de novembro e será representada noutras oito localidades galegas até finais de xaneiro de 2007.
O ESPECTÁCULO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO VISITARÁ TAMÉN CARBALLO E O BARCO
[03/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta en Ourense do 4 ao 6 de outubro un total de seis funcións de
A cabana de Babaiagá, espectáculo de música e narración oral para público infantil que dirixe Paula Carballeira. O Teatro Principal acollerá á compañía os días 4 e 5 de outubro ás 10.00 e 12.00 horas; así como o día 6 ás 11.00 e 20.30 horas. Ás funcións matinais asistirán escolares de ensino primario de distintos centros próximos, en tanto que á ultima representación poderá acceder o público xeral.
"O regreso ao deserto" de Koltès será a súa primeira produción
[27/09/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa temporada teatral 2006-2007 coa posta en marcha de novas liñas de traballo que, xunto co seu habitual labor de produción de espectáculos, prestarán unha especial atención ao proceso de creación de textos teatrais e á coprodución de montaxes con compañías privadas galegas. A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou este mediodía a nova programación, que se desenvolverá de outubro a xuño e na que se insiren tres producións propias –
O regreso ao deserto, de Koltès;
Tarará-chis-pum, de Artello; e
A piragua, de Cándido Pazó– e a coprodución con PistaCatro do espectáculo
Kamikaze, así como a actividade continuada do Centro de Creación Dramática Contemporánea, a nova figura do dramaturgo residente, e a xestión e programación do Salón Teatro de Santiago.
"PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE" INCLÚE DOUS SEMINARIOS A CARGO DE PACO ZARZOSO E ABEL NEVES
[12/09/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) inaugurará en novembro o seu Centro de Creación Dramática Contemporánea coa posta en marcha do curso de escrita teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade baixo a dirección e coordinación do autor, actor, narrador e director escénico Cándido Pazó (Vigo, 1960), quen durante a temporada 2006-2007 será, ademais, o dramaturgo residente do CDG.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
| 195 |
196
| Seguintes