AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas


O CDG organiza un encontro na Escola Oficial de Idiomas de Santiago co director e os actores de 'Novas diretrizes em tempos de paz'

[12/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou esta tarde, a través do Centro Dramático Galego e da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago, un encontro arredor do espectáculo ‘Novas diretrizes em tempos de paz’, que A Escola da Noite de Coimbra representa mañá xoves, ás 20.30 h, no Salón Teatro dentro do programa Troco x Troco de intercambio teatral con Portugal.

Encontro na EOI

O director da EOI, Gonzalo Constenla, foi o encargado de presentar o director da Escola da Noite, António Augusto Barros, e os actores Igor Lebreaud e Jorge Loureiro, que compartiron cos alumnos dos diferentes niveis de Portugués que se imparten neste centro as claves desta versión da obra do autor brasileiro Bosco Brasil, un dos nomes indispensables da dramarurxia contemporánea do seu país.

Ligazóns


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal