AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A COMPAÑÍA DE GUADALAXARA AMOSA A 3 PALLASOS BUSCANDO UN ESCENARIO PARA A TRAXEDIA DE SHAKESPEARE

A Priori Produccións presenta no Salón Teatro "Casi Romeo y Julieta"

[26/12/2007] A Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) se desenvolve até o vindeiro domingo 30 no Salón Teatro de Santiago, ofrecerá mañá xoves o espectáculo Casi Romeo y Julieta, a cargo da compañía de Guadalaxara A priori producciones. A obra está dirixida por Marta Torres e conta con Oti Manzano, Jesús Blanco e Gerardo Quintana na interpretación.

Con dramaturxia e dirección de Marta Torres, a peza narra a historia de tres pallasos que tras longos e esgotadores días de camiño cargados de equipaxe, encontran por fin o que tanto ansiaban: un escenario para representar a máis famosa traxedia de todos os tempos Romeo e Xulieta, ou case. Casi Romeo y Julieta, porque, como van representar uns pallasos unha traxedia? Os pallasos fan rir, sempre fan rir, é a súa esencia, está na súa natureza, é o seu obxectivo, é o motivo da súa existencia e o seu fin.

Oti Manzano, Jesús Blanco e Gerardo Quintana, actores de A Priori Producciones, unha das compañías de Castela-A Mancha con máis éxito entre o público infantil, protagonizan esta montaxe recomendada para nenos e nenas a partir de 3 anos de idade.

O cartel da Mostra de Teatro Infantil de Nadal continuará o venres 28 co espectáculo para bebés Andakibebé, da compañía portuguesa Musical Teatral. O ciclo inclúe tamén as propostas dos grupos galegos Galitoon, coa montaxe para títeres Golulá (día 29) e Sapristi con Ao son das cousas (día 30). Todas as funcións darán comezo ás 19.00 horas.

As localidades para Casi Romeo y Julieta así como para o resto dos espectáculos xa poden adquirirse na web www.caixagalicia.es ou no despacho de billetes do Salón Teatro dende dúas horas antes do seu comezo a un prezo de 6 por entrada. Tamén existe un bono de seis entradas cun prezo total de 30 .


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal