AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

AS MONTAXES ‘A PIRAGUA’ E ‘NOITE DE REIS’ COMPITEN, ENTRE OUTRAS CATEGORÍAS, POLOS GALARDÓNS AO MELLOR ESPECTÁCULO E Á MELLOR DIRECCIÓN

O Centro Dramático Galego suma 16 candidaturas aos premios María Casares

[18/03/2008] O CDG logrou un total de 16 candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2008 polos seus espectáculos A piragua, dirixido por Cándido Pazó, e Noite de Reis. Ou o que queirades, por Quico Cadaval. Os gañadores da décimo segunda edición dos galardóns que convoca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia daranse a coñecer o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, no transcurso dunha gala que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e retransmitirá a TVG.

Noite de Reis

A piragua, obra de Cándido Pazó resultante da primeira experiencia de autoría residente do CDG, xunta un total de sete nominacións nas categorías de Mellor Iluminación (Afonso Castro), Musica Orixinal (Manuel Riveiro Hermo), Texto Orixinal (Cándido Pazó), Escenografía (Carlos Alonso), Actriz Protagonista (Susana Dans), Dirección (Cándido Pazó) e Espectáculo.

Pola súa banda, Noite de Reis, versión da obra de Shakespeare a cargo de Quico Cadaval, conta con nove candidaturas nas modalidades de Mellor Vestiario (Gilda Bompresa), Escenografía (Baltasar Patiño), Actriz Secundaria (Susana Dans), Actor Secundario (Xan Cejudo), Actriz Protagonista (Rebeca Montero), Actor Protagonista (Marcos Orsi e Víctor Mosqueira), Dirección (Quico Cadaval) e Espectáculo.

Ligazóns


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal