AGADIC

Centro Dramático Galego


Servizo educativo

O Centro Dramático Galego ten a vontade de abrirse ao sistema educativo. Así, ademais de continuar na liña do apoio ao teatro infantil e familiar, mantén un programa de visitas guiadas para escolares ao Salón Teatro. Estas poden complementarse cos planos do recinto especialmente destinados ao público infantil e xunenil, que poden descargarse nesta páxina.

Doutra banda, o CDG edita programas de apoio pedagóxico. Estes manuais, destinados aos docentes, complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos. No apartado de publicacións podes obter información sobre os manuais editados en papel. Ademais tes a opción de descargar dende aquí os últimos dosieres publicados en formato dixital:
DA MAN DE ALFREDO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

Caderno pedagóxico de "O regreso ao deserto"

Documento anexo[25/10/2006] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra O regreso ao deserto. Segundo Alfredo Rodríguez Fernández, responsable deste manual, trátase "dunha selección de documentos; un documento para empregar libremente, para axudar á reflexión sobre a creación dun espectáculo".
DA MAN DE ÁNXELA GRACIÁN (GÁLIX)

Caderno pedagóxico de "A piragua"

Documento anexo[21/05/2007] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra A piragua, da man de Ánxela Gracián (Gálix)
A MIRADA DOS MÁIS CATIVOS

Debuxos de "Tarará-chis-pum!"

Documento anexo[01/06/2007] Desde esta sección pódense ver os debuxos que fixeron algúns dos nenos e nenas que viron a obra de teatro Tarará-chis-pum!

Anteriores | 1 2 3 4 | 5 | 6


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal