AGADIC

Centro Dramático Galego


Servizo educativo

O Centro Dramático Galego ten a vontade de abrirse ao sistema educativo. Así, ademais de continuar na liña do apoio ao teatro infantil e familiar, mantén un programa de visitas guiadas para escolares ao Salón Teatro. Estas poden complementarse cos planos do recinto especialmente destinados ao público infantil e xunenil, que poden descargarse nesta páxina.

Doutra banda, o CDG edita programas de apoio pedagóxico. Estes manuais, destinados aos docentes, complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos. No apartado de publicacións podes obter información sobre os manuais editados en papel. Ademais tes a opción de descargar dende aquí os últimos dosieres publicados en formato dixital:
DA MAN DE MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

Guía didáctica de "Tartufo"

Documento anexo[22/09/2016] O Centro Dramático Galego vén de publicar a guía didáctica para o estudo da obra Tartufo , da man de Miguel Vázquez Freire
DA MAN DE AFONSO BECERRA DE BECERREÁ

Guía didáctica de "Xardín suspenso"

Documento anexo[09/03/2015] O Centro Dramático Galego vén de publicar a guía didáctica para o estudo da obra Xardín suspenso, da man de Afonso Becerra de Becerreá
DA MAN DE MAGDALENA DE ROJAS, CRISTINA NOVOA, PILAR SAMPEDRO

Guía didáctica de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"

Documento anexo[10/09/2014] O Centro Dramático Galego vén de publicar a guía didáctica para o estudo da obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas , da man de Magdalena de Rojas, Cristina Novoa, Pilar Sampedro
DA MAN DE INMA ANTÓNIO SOUTO

Caderno Pedagóxico de "Longa viaxe cara á noite"

Documento anexo[30/01/2014] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Longa viaxe cara á noite, da man de Inma António Souto
DA MAN DE ROBERTO PASCUAL - ESAD DE GALICIA

Caderno Pedagóxico de "Touporroutou da lúa e do sol"

Documento anexo[25/09/2013] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Touporroutou da lúa e do sol, da man de Roberto Pascual, da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

Anteriores | 1 | 2 | 3 4 5 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal