AGADIC

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e TurismoAGADIC

Noticias

CORRERÁN A CARGO DE MIKEL ARÍSTEGUI, PABLO VIAR, ROSA MOLEDO, MARTA PAZOS, LAILA RIPOLL E JORDI CASANOVAS

O CDG ofrécelles aos profesionais do sector cinco talleres sobre distintas disciplinas escénicas Documento anexo

[13/06/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral, que xa poden inscribirse nos cursos.

O PRAZO DE SOLICITUDE ESTARÁ ABERTO ATA O VINDEIRO 27 DE XUÑO

Ábrese o proceso de selección de tres novos espectáculos para o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[06/06/2019] A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha o novo programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) para seleccionar os tres espectáculos de danza que serán apoiados en 2019 no marco desta iniciativa. A convocatoria desenvólvese a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que destinará un máximo de 18.000 euros a cada unha das propostas seleccionadas e lles cederá, así mesmo, as instalacións do CCG na Coruña para a súa realización.

O TEATRO COLÓN DA CORUÑA ACOLLE A ESTREA ESTE SÁBADO 8, ÁS 20.30 H

O Centro Coreográfico Galego e a Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo homenaxean o compositor cun ballet sobre a súa vida Documento anexo

[04/06/2019] O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 8, ás 20,30 h., a estrea do espectáculo de danza Maestro Rodrigo, promovido pola Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do Centro Coreográfico Galego (CCG), e do Concello da Coruña.

MAÑÁ ÁS 21H E O DOMINGO ÁS 19.30 H

A Feroz regresa ao Salón Teatro esta fin de semana para celebrar a súa 'Afterparty' Documento anexo

[31/05/2019] A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego. O público compostelán terá agora dúas novas oportunidades de ver esta proposta, escrita e dirixida por Lorena Conde, nas funcións de mañá sábado, ás 21,00 h., e do domingo, ás 19,30 h.

O SÁBADO, ÁS 20.30 H., E O DOMINGO, ÁS 18.00 H.

O coreógrafo Javier Martín e o escultor Joaquín Jara estrean no Salón Teatro de Santiago 'SOMA' en coprodución co CDG Documento anexo

[23/05/2019] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea esta fin de semana en Santiago SOMA, a nova proposta do coreógrafo e investigador Javier Martín, neste caso en cocreación co escultor e performer Joaquín Jara. As funcións terán lugar no Salón Teatro este sábado 25, ás 20,30 h., e o domingo 26, ás 18,00 h.

 1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: