Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

FERNÁNDEZ FASERO PRESENTOU ESTA INICIATIVA, DESTINADA PRIORITARIAMENTE Á PRESENTACIÓN DE NOVOS TRABALLOS DISCOGRÁFICOS GALEGOS DIANTE DUN PÚBLICO ESPECIALIZADO

A AGADIC inagura no Salón Teatro o programa de concertos promocionais "ST Música Presente" co grupo Linho do Cuco Documento anexo

[16/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon en marcha o programa de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado, coa actuación que o grupo Linho do Cuco ofrecerá o vindeiro xoves 18, ás 20.30 horas, no Salón Teatro. O espazo compostelán será a sede deste novo ciclo, que na súa primeira entrega acollerá outros cinco directos a cargo de Anxo Lorenzo (24 de marzo), Emilio Rúa (26 de marzo), Álvaro Vieito Cuarteto (20 abril), Ophiusa (27 de abril) e BellónMaceiras Quinteto (30 de abril). O público xeral tamén poderá acceder a estes concertos, sempre en función do aforo finalmente dispoñible.

RAQUEL VEGANZONES E GIRISHO GORDON DESEÑARON PARA O PROXECTO UN TRAPECIO DE TRES BARRAS E UN ARNÉS QUE, CAMUFLADO BAIXO A ROUPA, OFRECE NOVAS FORMAS DE SUXEICIÓN

Xóvenes Talentos do Circo Europeo elixe a proposta "Losing Grip" do dúo galego Circo Expreso entre as vencedoras da súa edición 2009-2010 Documento anexo

[15/03/2010] Losing Grip, da compañía con sede en Santiago Circo Expreso, será un dos dez proxectos artísticos beneficiarios do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe-JTCE), tras ser elixido por un xurado internacional entre o total de 33 finalistas desta iniciativa europea de apoio a novos creadores no ámbito das artes circenses. O dúo que integran Raquel Veganzones e Girisho Gordon participou na mostra clasificatoria organizada a finais de xaneiro polo Centro Dramático Galego (CDG), onde o comité de selección valorou a orixinalidade da proposta de circo aéreo que se desenvolve a partir de dous elementos creados ad hoc: un trapecio de tres barras colocadas a modo de escada e un arnés que, camuflado baixo a roupa, lles ofrece novas e sorprendentes formas de suxeición.

O CENTRO CULTURAL CAIXANOVA ACOLLE O MÉRCORES 17 DE MARZO, ÁS 20.30 HORAS, UNHA ÚNICA FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR XÚLIO LAGO

O Centro Dramático Galego presenta "As actas escuras", de Roberto Vidal Bolaño, en Vigo Documento anexo

[15/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta o vindeiro mércores 17 de marzo, ás 20.30 h, no Centro Cultural Caixanova de Vigo As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.

O RECITAL, DE ENTRADA LIBRE, DARÁ COMEZO ÁS 21.00 H E NEL SOARÁN A "SINFONÍA Nº 40" DE MOZART E O "KINDER-TOTENLIEDER" DE GUSTAV MAHLER

O mestre Maximino Zumalave dirixe a Orquestra da EAEM no concerto que ofrece mañá en Santiago Documento anexo

[12/03/2010] O mestre compostelán Maximino Zumalave dirixirá a Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais no concerto que ofrecerá mañá sábado día 13, ás 21.00 horas, no auditorio da súa sede en Santiago de Compostela. Nesta actuación, do mesmo xeito que nas celebradas onte no Teatro Coliseo Noela de Noia e hoxe no Edificio Multiúsos de Monforte de Lemos, os alumnos interpretarán a Sinfonía nº 40 de Mozart e o Kinder-Totenlieder de Gustav Mahler.

A OBRA QUE MARCOU A ENTRADA DO DRAMATURGO FRANCÉS NO CHAMADO TEATRO DO ABSURDO REPRESENTARASE O SÁBADO 13 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 14 ÁS 18.00 H

Sala Muntaner ofrece no Salón Teatro dúas funcións de "Las criadas" de Genet con dirección de Manel Dueso Documento anexo

[11/03/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía catalá Sala Muntaner, que ofrecerá dúas funcións (sábado 13 ás 20.30 horas e o domingo 14 ás 18.00 h) do seu espectáculo Genet-Las criadas, realizado a partir da obra de Jean Genet que marcou a entrada do novelista, poeta e dramaturgo francés no chamado "teatro do absurdo". Con dirección escénica de Manel Dueso, e seguindo unha indicación do propio autor, os tres personaxes femininos son representados por homes, para potenciar así o xogo teatral.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: