Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O DIRECTOR PORTUGUÉS CONTOU PARA ESTA PROPOSTA ESCÉNICA CUN EQUIPO ARTÍSTICO TRANSFRONTEIRIZO NO QUE PARTICIPAN, ENTRE OUTROS, 12 ACTORES E ACTRICES

O CDG estrea "A boa persoa de Sezuán" con dirección de Nuno Cardoso como primeira produción da nova temporada Documento anexo

[22/10/2008] O Centro Dramático Galego estrea este venres 24 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht con dirección de Nuno Cardoso, un dos nomes destacados da nova escena portuguesa. Na primeira produción da temporada 2008-2009, a compañía pública incorpora o dramaturgo alemán ao seu repertorio a través desta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas. Trala estrea en Compostela, onde ofrecerá dúas funcións máis (o sábado ás 21.00 h e domingo ás 18.00 h), o CDG iniciará unha xira galega de tres meses de duración cofinanciada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a Fundación Caixa Galicia.

VOCEIROS DAS ASOCIACIÓNS PRESENTES NA ZONA DE MERCADO VALORAN A NOVA UBICACIÓN DO EVENTO

A Feira Galega das Artes Escénicas pecha cinco días de actividade artística e comercial cunha festa na Sala Capitol de Santiago

[16/10/2008] A Feira Galega das Artes Escénicas, que se celebra en Compostela desde o pasado 13 de outubro, chega mañá ao seu remate cun programa especial de peche que inclúe o espectáculo O silenciador do grupo portugués Teatro da Oficina e unha festa-concerto a cargo de Padel Rock na Sala Capitol. As novas propostas das compañías galegas CaChuzo, Nova Galega de Danza, Katarsis, Teatro do Morcego e Teatro de Ningures conforman, ademais, o cartel de exhibición desta derradeira xornada do encontro organizado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellaría de Cultura, no que participan máis de 140 programadores e axentes culturais chegados de toda a Península.

A INVESTIGADORA CATALÁ PARTICIPOU HOXE NUNHA MESA DE DEBATE SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DA ESCENA COREOGRÁFICA

Esther Vendrell: "A danza precisa reforzar a profesionalización da xestión en torno ao traballo artístico"

[15/10/2008] A pedagoga e investigadora especializada en danza Esther Vendrell incidiu hoxe na necesidade de reforzar a profesionalización das tarefas de xestión e de produción en torno ao proceso de creación coreográfica durante a súa intervención na mesa redonda "Danza a escena", celebrada no marco da Feira Galega das Artes Escénicas 2008 que se desenvolve até o vindeiro 17 de outubro en Compostela.

NAVARRO DE LUIS APUNTOU FÓRMULAS COMO A DA RESPONSABILIDADE COMPARTIDA ENTRE TEATROS E COMPAÑÍAS

Expertos en xestión de públicos avogan polas estratexias diferenciadas para captar espectadores

[14/10/2008] Especialistas en xestión de públicos debateron hoxe en Santiago de Compostela sobre a creación de espectadores e achegaron distintas estratexias a seguir para dotar aos espazos escénicos de maior implantación social. A XVI Feira Galega das Artes Escénicas, que organizada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura se desenvolve na cidade até o próximo 17 de outubro, acolleu unha mesa redonda sobre este asunto como actividade complementaria á ampla carteleira artística, e coa finalidade de achegar e compartir cos profesionais participantes as claves sobre o que se considera un dos principais traballos cotiás dos axentes culturais.

O XURADO SALIENTOU O ALTO NIVEL DOS TEXTOS PRESENTADOS AOS TRES GALARDÓNS DE LITERATURA DRAMÁTICA CONVOCADOS POLA AGADIC

Teresa González Costa gaña os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María, e Xosé A. Neira Cruz o Barriga Verde Documento anexo

[13/10/2008] Teresa González Costa é a gañadora da edición 2008 dos premios Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais e Manuel María de Literatura Dramática Infantil polas obras Sempre quixen bailar un tango e Pingueiras e tarteiras, respectivamente, mentres que Xosé A. Neira Cruz alzouse co Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na modalidade de teatro para rapaces con O punto da escarola. O nome dos autores recoñecidos este ano cos galardóns de literatura dramática que convoca a AGADIC foi desvelado hoxe pola presidenta do seu xurado, Laura Tato Fontaíña, no acto de inauguración da Feira Galega das Artes Escénicas, que se celebra até o vindeiro venres en diferentes escenarios de Santiago de Compostela.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: