Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

NO SALÓN TEATRO MAÑÁ E O SÁBADO ÁS 20,30 H. E O DOMINGO ÁS 18,00 H.

Anómico Teatro culmina a súa residencia no CDG coa estrea do espectáculo 'Chuvia' Documento anexo

[19/10/2017] A compañía viguesa Anómico Teatro estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo Chuvia, que presenta por vez primeira en público dentro do programa En Residencia do Centro Dramático Galego (CDG). A montaxe, escrita e dirixida por Julio Fernández Peláez, poderá verse en Compostela mañá e o sábado ás 20,30 h. e o domingo ás 18,00 h.

A PEZA ESCENIFÍCASE NO SALÓN TEATRO O VENRES , ÁS 20,30 H., E O SÁBADO, ÁS 19,00 H.

A residencia de Javier Martín ábrese ao público cun seminario, encontros e dúas funcións de 'O estado cru' Documento anexo

[03/10/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) acolle por primeira vez o coreógrafo e bailarín coruñés Javier Martín, quen participa esta semana no programa En Residencia que a compañía pública mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Con tal motivo, o creador está a desenvolver un intenso programa de accións formativas e actividades abertas ao público, que culminarán esta fin de semana coa posta en escena de O estado cru.

O PRAZO DE SOLICITUDE ESTÁ ABERTO ATA O 17 DE OUTUBRO

Convocado o programa de coproducións 2017-2018 para a selección de tres proxectos de danza Documento anexo

[01/10/2017] O Centro Coreográfico Galego (CCG) acaba de poñer en marcha o seu novo programa de coproducións 2017-2018 coa convocatoria para a selección dos tres proxectos de danza que recibirán apoio a través desta iniciativa. O prazo de presentación de solicitudes manterase aberto ata o 17 de outubro.

'EXILIO DAS MOSCAS' XOVES 28 E VENRES 29 E 'TRAS TANNHÄUSER' SÁBADO 30 E DOMINGO 1

Feira do Leste presenta os seus dous espectáculos no Salón Teatro durante a súa residencia no CDG Documento anexo

[26/09/2017] Os integrantes de Feira do Leste, nova compañía galega de teatro experimental e novas dramaturxias, traballan esta semana no Salón Teatro de Santiago dentro do programa de residencias do Centro Dramático Galego. A súa estadía na sede da compañía pública culminará coa representación dos seus dous espectáculos: Exilio das moscas, que poderá verse o xoves 28 e o venres 29, ás 20,30 h., e Tras Tannhäuser, que subirá a escena o sábado 30, ás 20,30 h,. e o domingo 1, ás 18,00 h.

‘CORPO E VIBRACIÓN’ É O TÍTULO DESTE OBRADOIRO, QUE TERÁ LUGAR O 4 DE OUTUBRO NO SALÓN TEATRO

O CDG organiza un taller de experimentación arredor do movemento co coreógrafo Javier Martín

[19/09/2017] O Centro Dramático Galego (CDG) e o coreógrafo Javier Martín organizan o taller de movemento Corpo e vibración, que terá lugar o 4 de outubro no Salón Teatro de Santiago e para o que xa está aberto o prazo de inscrición. Esta actividade, ofrecida en colaboración cos encontros Arredor do son do festival Curtocircuíto e co programa de formación audiovisual Galicia ProFilme da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), insírese na serie de accións que o creador coruñés levará a cabo esa mesma semana na sede compostelá da compañía pública e que culminarán os días 6 e 7 coa posta en escena da súa montaxe O estado cru.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: