Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O SÁBADO 3, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 4, ÁS 19.00 H

'Tartufo' chega esta fin de semana a Ourense con dúas funcións no Teatro Principal Documento anexo

[01/12/2016] A xira do Centro Dramático Galego (CDG) con ‘Tartufo’, versión galega da coñecida comedia de ‘Molière’, pon rumbo cara ao Teatro Principal de Ourense, onde o espectáculo se representará este sábado 3, ás 20.30 horas, e o domingo 4, ás 19.00 horas.

DESDE MAÑÁ E ATA O SÁBADO, ÁS 20.30 HORAS

O Centro Coreográfico pecha a xira de 2016 de 'As catro estacións' con tres funcións no Salón Teatro Documento anexo

[30/11/2016] O Salón Teatro acolle esta semana o remate da xira de 2016 de ‘As catro estacións’, espectáculo do Centro Coreográfico Galego (CCG) que ofrecerá as súas tres últimas funcións neste espazo compostelán mañá xoves 1, o venres 2 e o sábado 3 de decembro, ás 20.30 horas.

ÁS 20.30 HORAS no TEATRO AFUNDACIÓn

'Tartufo' avanza na súa xira cunha función este xoves día 1 en Vigo Documento anexo

[29/11/2016] O Centro Dramático Galego avanza na xira de ‘Tartufo’, a súa última produción propia, coa que chegará este xoves día 1 a Vigo para ofrecer unha función ás 20.30 horas no Teatro Afundación. O galardoado director valenciano Carles Alfaro é o responsable da posta en escena desta versión da famosa comedia de Molière, para a que contou cun equipo artístico e técnico galego.

DO 8 AO 10 DE DECEMBRO NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O CDG e a asociación DramaturGA abordan a situación da escrita teatral galega nas xornadas Dramaturxente Documento anexo

[29/11/2016] As Xornadas sobre Dramaturxia Galega Dramaturxente reunirán do 8 ao 10 de decembro no Salón Teatro de Santiago destacados profesionais dos distintos ámbitos implicados na escrita teatral e a creación escénica. O Centro Dramático Galego (CDG) e a nova Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA organizan este encontro co obxectivo de analizar desde un punto de vista integrador a situación do sector en Galicia, ao tempo que se busca darlle unha maior visibilidade social.

O PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA RECIBE O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO ESTE SÁBADO 26, ÁS 21.00 HORAS

Recta final da xira de 2016 de 'As catro estacións' Documento anexo

[24/11/2016] O Centro Coreográfico Galego (CCG) entra na recta final da xira que está a levar a cabo en 2016 con ‘As catro estacións’, a súa última produción propia, que representará este sábado 26, ás 21.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A través das coreografías creadas especificamente por Iker Gómez e Kenneth Tindall, neste espectáculo a compañía pública achégalle ao público a súa recreación en clave contemporánea da famosa composición clásica de Antonio Vivaldi.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: