Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

DO 29 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO

O Salón Teatro repite como escenario do Festival Agustin Magán, que celebar a súa 15ª edición cos espectáculos de seis grupos

[25/10/2016] O Festival Agustín Magán regresa un ano máis a Santiago de Compostela cunha mostra do teatro amador que veñen realizando en Galicia os grupos afeccionados. Os próximos días 29, 30 e 31 de outubro, e o 1 de novembro, o Salón Teatro e o Teatro Principal acollerán a representación das obras finalistas da décimo quinta edición do festival, unha iniciativa promovida pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación -a través da Secretaría Xeral de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- e que conta tamén co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

HOXE PRESENTOUSE A NOVA PROGRAMACIÓN DO TEATRO MUNICIPAL

A carteleira de outono de Tui acolle o inicio da xira de 'Tartufo' Documento anexo

[04/10/2016] O Concello de Tui presentou hoxe a súa carteleira teatral deste outono, para a que conta co Centro Dramático Galego (CDG), que iniciará no Teatro Municipal tudense a xira do espectáculo ‘Tartufo’, e con sete actuacións inseridas na Rede Galega de Teatros e Auditorios.

SERÁN CINCO DO TOTAL DAS 20 REPRESENTACIÓNS QUE SE OFRECERÁN ATA O 16 DE OUTUBRO

Máis de 900 estudantes de toda Galicia asistirán no Salón Teatro ás funcións matinais de 'Tartufo' Documento anexo

[26/09/2016] Máis de 900 estudantes de 16 centros educativos de toda Galicia visitarán o Salón Teatro de Santiago para as representacións matinais do espectáculo ‘Tartufo’, a nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG) dirixida por Carles Alfaro. Serán un total de cinco as funcións incluídas nesta campaña escolar, que arranca esta semana coa asistencia mañá de varios grupos procedentes do FPI San Vicente da Baña e do IES Sar de Compostela e o mércores, do colexio San Pelayo-Emma, do IES Antón Fraguas e do CPR O Raio Verde, os tres de Santiago.

MAÑÁ SÁBADO 24, Ás 20.30 H, NO TEATRO AFUNDACIÓN

O Centro Coreográfico Galego achega a Vigo a súa interpretación contemporánea de 'As catro estacións' Documento anexo

[23/09/2016] Vigo será mañá a primeira parada da xira de ‘As catro estacións’, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que, desde a danza, lle achega ao público unha ollada contemporánea da composición clásica de Antonio Vivaldi. O Teatro Afundación acollerá ás 20.30 horas este espectáculo coreografiado por Iker Gómez e Kenneth Tindall.

REPRESENTARASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO ATA O 16 DE OUTUBRO

O CDG abre nova temporada este venres coa estrea do 'Tartufo' de Molière dirixido por Carles Alfaro Documento anexo

[21/09/2016] ‘Tartufo’ abre este venres 23, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago a temporada 2016-2017 do Centro Dramático Galego (CDG), que elixiu esta coñecida obra de Molière sobre os perigos da impostura e do artificio como primeira produción propia da nova etapa da compañía pública con Fefa Noia á fronte. Carles Alfaro dirixe a posta en escena desta versión, que poderá verse en Compostela ata o 16 de outubro para iniciar a continuación unha xira por outros nove escenarios galegos.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: