Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

MAÑÁ E O MÉRCORES, ÁS 21.00 HORAS

O Salón Teatro pecha a temporada 2015-2016 con 'Cabatet Salomé' e 'Cinzas' tras 126 días de actividade pública

[20/06/2016] O Salón Teatro pecha esta semana o seu programa de exhibición 2015-2016 despois de ter ofrecido un total de 126 días de actividade pública. Dúas compañías da Universidade de Santiago de Compostela serán as encargadas de rematar a temporada no escenario compostelán do Centro Dramático Galego (CDG): GN Teatro, que representará mañá o espectáculo ‘Cabaret Salomé’, e a Aula de Teatro da USC, que regresará o mércores 22 á sede do Centro Dramático Galego con ‘Cinzas’ (na imaxe).

LUCAS HERRADOR É AUTOR E DIRECTOR DO ESPECTÁCULO

O grupo Down Compostela volve esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago para estrear 'Búscame a ese tipo' Documento anexo

[16/06/2016] O Grupo de Teatro Down Compostela estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago a montaxe ‘Búscame a ese tipo’, escrita e dirixida por Lucas Herrador. A compañía, integrada por 20 actores e actrices con síndrome de Down e discapacidade intelectual, volve así ao escenario que tamén acolleu os seus anteriores espectáculos, con dúas funcións que terán lugar mañá venres e o sábado 18 ás 20.00 horas.

HABERÁ DOUS PASES DIARIOS DO LUNS AO XOVES

O Salón Teatro proxectará dez películas no marco da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego Documento anexo

[10/06/2016] O Salón Teatro de Santiago acollerá a próxima semana a proxección de dez películas que forman parte da programación da Mostra Internacional de Cine Etnográfico (MICE) organizada polo Museo do Pobo Galego. O espazo da Consellería de Cultura e Educación súmase por vez primeira a este evento como unha das súas sedes, para o que ofrecerá dous pases diarios entre o luns 13 e o xoves 16 de xuño.

ESTRÉASE O 9 DE SETEMBRO NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA

Trinta bailaríns e bailarinas participan mañá nas audicións para 'As catro estacións' Documento anexo

[09/06/2016] Un total de 30 bailaríns e bailarinas participarán mañá na Coruña nas audicións convocadas pola Axencia Galega das Industrias culturais (Agadic) para seleccionar o corpo de baile de oito intérpretes que porá en escena ‘As catro estacións’, a nova produción que o Centro Coreográfico Galego (CCG) estreará o 9 de setembro na Coruña.

TITO ASOREY DIRIXE UN ELENCO DE ARTISTAS NOVOS PARA POÑER EN ESCENA O TEXTO DE FERNANDO EPELDE

'O mundo persistente' viaxa a Portugal para se exhibir no Teatro Carlos Alberto do Porto e no Teatro Nacional D. Maria II de Lisboa Documento anexo

[07/06/2016] ‘O mundo persistente’, o novo espectáculo do Proxecto NÓS Territorio (Es)Cénico Portugal Galicia cuxa produción foi coordinada polo Centro Dramático Galego (CDG), represéntase mañá no Teatro Carlos Alberto (TeCA) do Porto como primeiro destino da súa serie de funcións nos teatros públicos lusos que forman parte desta iniciativa.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: