Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

O PROGRAMA DE ACTIVIDADES DESENVOLVERASE EN BRAGA OS DÍAS 13 E 14 DE MAIO

A Universidade do Minho e a Companhia de Teatro de Braga conmemoran os 20 anos de Teatragal Documento anexo

[10/05/2016] No ano en que celebra o seu 40º aniversario, o Instituto de Letras e Ciencias Humanas (ILCH) da Universidade do Minho está a conmemorar a efeméride cun amplo programa, dirixido á comunidade académica e ao público xeral co tema dos ‘Camiños’ como eixo temático.

AS FUNCIÓN TERÁN LUGAR DO XOVES AO SÁBADO, Ás 20.30 H, E O DOMINGO, ÁS 18.00 HORAS

Un coloquio sobre a figura de 'Foucellas' abre mañá a semana de representacións do último espectáculo de Talía no Salón Teatro Documento anexo

[09/05/2016] A compañía Talía Teatro chega esta semana ao Salón Teatro co seu último espectáculo, ‘Foucellas’, que poderá verse en Santiago do xoves 12 ao domingo 15. Como actividade complementaria a estas representacións, a sede do Centro Dramático Galego (CDG) acollerá mañá martes, ás 20.30 horas, un coloquio arredor da figura deste famoso maquis galego.

O LUNS 9 DE MAIO, ÁS 21.00 HORAS

O cantautor ourensán Emilio Rúa presenta en concerto no Salón Teatro os temas de 'Querida alegría', o seu novo disco Documento anexo

[07/05/2016] O cantautor ourensán Emilio Rúa actuará o vindeiro luns día 9, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo o seu último álbum, ‘Querida alegría’, no que se mesturan temas inéditos con adaptacións de cancións incluídas noutros dos seus traballos discográficos, así como revisións de composicións populares.

Do XOVES 5 AO SÁBADO 7, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 8, ÁS 18.00 H

Voadora reestrea 'Calypso' no Salón Teatro antes de iniciar unha xira por cinco cidades de toda España Documento anexo

[03/05/2016] A compañía compostelá Voadora ocupa esta semana o escenario do Salón Teatro de Santiago para a reestrea do seu espectáculo ‘Calypso’, co que en xuño iniciará unha xira estatal durante a que se representará en Valencia, Santa Cruz de Tenerife, Bilbao, Sevilla e Madrid. A formación de Marta Pazos, Jose Díaz e Hugo Torres permanecerá na sede do Centro Dramático Galego (CDG) desde mañá e ata o domingo para ofrecer unha función matinal concertada con centros de ensino teatral (mércores 4, 11.30 h) e catro para público xeral (xoves 5, venres 6 e sábado 7, ás 20.30 h, e domingo 8, ás 18.00).

A DIRECTORA DO CDG, FEFA NOIA, FÍXOLLE ENTREGA DO GALARDÓN

Avelina Pérez gaña o III Premio 'Pegada' de Teatro Radiofónico, organizado pola ESAD coa colaboración da Agadic Documento anexo

[27/04/2016] A autora Avelina Pérez, co texto ‘Eu controlo’, é a gañadora da terceira edición do Premio ‘Pegada’ de Teatro Radiofónico, organizado pola Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). A directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, fíxolle entrega hoxe do galardón no transcurso da xornada de actividades durante a que a ESAD está a celebrar os días mundiais do teatro e a danza.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: