Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

ESTE DOMINGO 3, ÁS 19.00 HORAS

La Macana chega ao Salón Teatro co espectáculo de danza 'Invisible Wires', coproducido pola Agadic Documento anexo

[01/04/2016] A danza ocupará este domingo, ás 19.00 horas, o escenario do Salón Teatro de Santiago con ‘Invisible Wires’, proposta da compañía galega La Macana que conta coa participación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) como entidade coprodutora. A sede do Centro Dramático Galego (CDG) é un dos espazos incluídos na xira galega deste espectáculo internacional que, tras a súa estrea o pasado 11 de marzo no Tanzhaus de Düsseldorf (Alemaña), se representa hoxe no Teatro Rosalía Castro da Coruña e mañá sábado, no Pazo da Cultura de Carballo.

O VENRES 1 E O SÁBADO 2, ÁS 22.00 HORAS

O ciclo Santiautor ofrece no Salón Teatro as actuacións de Escuchando Elefantes e de Adriana Moragues con Elvira Sastre Documento anexo

[30/03/2016] O Salón Teatro, espazo compostelán da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, é un dos cinco escenarios que acollen este ano a nova edición do ciclo Santiautor, dentro do que este venres día 1 actuará o dúo coruñés Escuchando Elefantes e o sábado 2 farao a cantautora Adriana Moragues xunto á poetisa Elvira Sastre. Ambos os concertos están programados para as 22.00 horas.

ESGOTÁRONSE TODAS AS PRAZAS OFERTADAS

Unha trintena de alumnos participan no curso de danza clásica e repertorio de 'Don Quixote' impartido por Marta García e Orlando Salgado

[21/03/2016] Os mestres cubanos Marta García e Orlando Salgado imparten desde hoxe na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un curso de danza clásica e repertorio do ballet ‘Don Quixote’, ao que asiste unha trintena de alumnos e para o que se esgotaron todas as prazas ofertadas.

SERÁ UN LABORATORIO DE CREACIÓN CON DEZ INTÉRPRETES

O CDG colabora coa sala madrileña LaZonaKubik nun taller actoral co autor xaponés Shiro Maeda e a directora Fefa Noia Documento anexo

[16/03/2016] A sala de teatro madrileña LaZonaKubik desenvolve ata o vindeiro 22 de marzo un taller-laboratorio de creación para actores e actrices arredor da obra do autor xaponés Shiro Maeda, quen conducirá o encontro xunto coa directora do Centro Dramático Galego (CDG), Fefa Noia.

ESTE SÁBADO 12, Ás 21.00 HORAS

O cantautor compostelán Xosé Constenla regresa ao Salón Teatro para presentar o seu disco 'Virada por avante' Documento anexo

[10/03/2016] Xosé Constenla actuará este sábado 12, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo os temas de ‘Virada por avante’, o seu novo disco. O cantautor compostelán regresa así ao mesmo escenario que en 2013 acollera a gravación en directo de ‘Sinecismo’, o seu anterior traballo, que tamén presentou diante do público na sede do Centro Dramático Galego.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: