Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

SERÁ NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE ÁS 19:00 HORAS

A Agadic colabora no encontro coa bailarina Mónica Runde que terá lugar mañá na Coruña como extensión do programa TRCDanza Documento anexo

[23/09/2015] A bailarina e coreógrafa madrileña Mónica Runde, directora da compañía 10&10 Danza, manterá mañá na Fundación Luis Seoane da Coruña un encontro aberto ao público, no que abordará a súa propia traxectoria á vez que trazará unha panorámica sobre os últimos 30 anos de danza en España. Esta actividade, que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e do Centro Coreográfico Galego, forma parte do Proxecto de Programación Expandida do TRCDanza, o ciclo estable de danza do Teatro Rosalía Castro da Coruña.

A COREOGRAFÍA É DE JUAN MIGUEL HERNÁNDEZ E A MÚSICA DE ISMAEL BERDEI

BalletNorte estrea mañá no Teatro Colón da Coruña o espectáculo 'Atlántica', coproducido co Centro Coreográfico Galego Documento anexo

[17/09/2015] A compañía galega de danza BalletNorte, baixo a dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, estrea mañá ás 20:30 horas no Teatro Colón da Coruña 'Atlántica', un espectáculo realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego co que se rende homenaxe aos autores do Rexurdimento.

ESCENIFICARANSE 'MICRO IMPACTOS' E 'SEXUS 3'

O Salón Teatro súmase mañá como escenario do festival WOSINC coas creacións de Voltage Opposites e de Quimera Rosa Documento anexo

[11/09/2015] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 12 de setembro as vangardistas propostas escénicas das agrupacións Voltage Opposites e Quimera Rosa, incluídos dentro da programación do Festival WOSINC que se está a desenvolver en dez espazos da cidade.

SERÁN OS DÍAS 10, 13 E 14 DE XULLO

O Salón Teatro acolle os concertos de Roberto Oliveira, Ímpetus e Al Ayre Español dentro do Festival Via Stellae Documento anexo

[08/07/2015] O Salón Teatro de Santiago é unha das sedes da nova edición do Festival Via Stellae, dentro do que acollerá nos próximos días os concertos do percusionista Roberto Oliveira e das formacións Ímpetus Conjunto Barroco de Madrid e Al Ayre Español. A Consellería de Cultura e Educación colabora así con este programa musical, que promoven e organizan o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, e que se desenvolve desde o 29 de xuño e ata o 15 de xullo en teatros, igrexas e outras localizacións singulares da cidade.

O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO ATA O 17 DE XULLO

O CCG amplía o seu programa formativo de verán con seis novos cursos intensivos en setembro

[07/07/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) mantén aberto ata o 17 de xullo o prazo de inscrición para seis novos cursos intensivos de danza, cos que amplía a setembro o programa formativo de verán que está desenvolver na súa sede da Coruña. A través desta nova oferta didáctica, o alumnado terá a oportunidade de afondar en moi diferentes disciplinas coreográficas da man de destacados profesionais como Cristina Gallardo, Christelle Horna, Sylvia Martel, Amaury Lebrun, Gail Brevitt e Fernando Lázaro.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: