Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

'BAILAR NO CEO', DE ANA ABAD DE LARRIVA SERÁ OBXECTO DUNHA LECTURA DRAMATIZADA O MARTES 10

Aberta a convocatoria para a coprodución dun espectáculo a partir do texto da segunda Bolsa de Dramaturxia e Creación

[06/01/2023] A Xunta de Galicia acaba de poñer en marcha a segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación 2022-2023 coa convocatoria do proceso de selección de proxectos para a coprodución dun espectáculo teatral a partir de Bailar no ceo, de Ana Abad de Larriva, cunha achega económica de 15.000 euros. A autora elaborou o texto como gañadora da primeira fase desta iniciativa, impulsada por segundo ano consecutivo polo Centro Dramático Galego en colaboración con diferentes colectivos do sector cultural galego co fin de ofrecer un acompañamento integral a unha peza teatral, desde a propia escrita ata a súa produción e distribución.

'ÁS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS' E 'RECORTES, CANEOS E OUTRAS FORMAS DE DRIBLAR' COEDÍTANSE ENTRE A XUNTA E EDICIÓNS POSITIVAS

O Centro Dramático Galego amplía a súa colección editorial 'O papel do teatro' cos libros dos seus últimos dous espectáculos Documento anexo

[26/12/2022] As adaptacións dramáticas dos últimos dous espectáculos do Centro Dramático Galego, 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' e de 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', incorpóranse á colección editorial 'O papel do teatro', que chega así aos once libros publicados en réxime de coedición entre a Xunta de Galicia e Edicións Positivas.

O PROXECTO ‘PHONE’ CONTA COA PARTICIPACIÓN DE VARIOS DEPARTAMENTOS DA CONSELLERÍA DE CULTURA CO PROTAGONISMO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Galicia lidera xunto a nove socios internacionais un ambicioso proxectos para promover a diversidade cultural e lingüística de Europa a través do teatro

[19/12/2022] O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Centro Dramático Galego (CDG), Fran Núñez, presentaron esta mañá Phone, o proxecto que o Goberno galego lidera xunto a nove socios internacionais co obxectivo de contribuír á salvagarda da diversidade cultural e lingüística en Europa conectando as persoas a través do teatro.

BAIXO A DIRECCIÓN ARTÍSTICA DE MARÍA TORRES E GONÇALO GUERREIRO

Arrancan os ensaios de 'Un hotel de primeira sobre o río' a partir da obra de Xohana Torres

[29/11/2022] As instalacións do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela acollen estes días a primeira quenda dos ensaios de Un hotel de primeira sobre o río, baixo a dirección artística de María Torres e Gonçalo Guerreiro. Esta nova produción da unidade teatral da Xunta de Galicia chegará aos escenarios a próxima primavera, no que será o primeiro espectáculo profesional a partir deste texto de Xohana Torres, recoñecido co Premio Castelo en 1968.

BAIXO A DIRECCIÓN DE QUICO CADAVAL

O Centro Dramático Galego coproducirá a posta en escena de 'O auto do Castromil' por Excéntricas como proxecto gañador do III Certame Manuel María

[22/11/2022] A compañía compostelá Producións Teatrais Excéntricas é a gañadora do III Certame Manuel María de proxectos teatrais con O auto do Castromil, que levará a escena en coprodución coa Xunta de Galicia, a través do Centro Dramático Galego, tal e como recollen as bases deste concurso bienal organizado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: