Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

XA ESTÁ OPERATIVA A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA AS FUNCIÓNS NO SALÓN TEATRO

Arranca o blog de 'Xardín suspenso' para compartir co público o proceso de produción do espectáculo Documento anexo

[23/02/2015] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de poñer en marcha o blog do espectáculo ‘Xardín suspenso’ para compartir co público o proceso de produción desta versión da obra do autor portugués Abel Neves, que a unidade teatral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estreará no Salón Teatro de Santiago o venres 13 de marzo.

O MÉRCORES 11 DE FEBREIRO, ÁS 20.30 HORAS

A Companhia de Teatro de Braga chega ao Salón Teatro con 'Um Picasso' Documento anexo

[09/02/2015] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este mércores día 11, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo ‘Um Picasso’ da Companhia de Teatro de Braga, que regresa a Santiago de Compostela no marco do programa de colaboración que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén con diferentes estruturas teatrais de Portugal.

O TEXTO DO AUTOR PORTUGUÉS ABEL NEVES ESTREARASE O 13 DE MARZO NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O Centro Dramático Galego inicia os ensaios do espectáculo 'Xardín suspenso' baixo a dirección de Cándido Pazó

[06/02/2015] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou esta semana os ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), que levará a escena a peza ‘Xardín suspenso’ do dramaturgo portugués Abel Neves baixo a dirección de Cándido Pazó.

NAS FUNCIÓNS, QUE SERÁN O XOVES 5 E O VENRES 6 ÁS 20:30 H, PARTICIPARÁN TAMÉN O PIANISTA MIGUEL GRANERO E RAFA DURÁN COMO MESTRE DE CERIMONIAS

O monologuista lucense Javier Varela actúa no Salón Teatro con 'Un momento duro de ahora, 5 pesetas de las de antes'

[03/02/2015] O Salón Teatro, espazo escénico compostelán pertencente á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acollerá este xoves día 5 e mais o venres 6 dúas funcións a cargo do humorista lucense Xavier Varela, que ofrecerá ás 20:30 horas o seu monólogo para todos os públicos ‘Un momento duro de ahora... 5 pesetas de las de antes’.

O VENRES 30 E O SÁBADO 31, ÁS 20.30 HORAS, MAILO DOMINGO 1, ÁS 18.00 HORAS

Elefante Elegante chega esta fin de semana ao Salón Teatro co espectáculo de teatro visual 'Kassa' Documento anexo

[29/01/2015] O Salón Teatro da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibe mañá venres día 30 a compañía galega Elefante Elegante co seu último espectáculo, ‘Kassa’, proposta de teatro visual que se inspira en ‘A metamorfose’ de Kafka para abordar a temática da vivenda. Teatro, danza e vídeo mestúranse nesta montaxe, da que se ofrecerán tres funcións para público xeral (mañá e o sábado 31, ás 20.30 horas, e o domingo 1, ás 18.00 horas), ademais doutros tres pases matinais para centros escolares do luns 2 ao mércores 4.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: