Axencia Galega das Industrias Culturais

Xunta de GaliciaAxencia Galega das Industrias Culturais

Noticias

A PEZA ‘FULL HOUSE’, CREADA ESPECIFICAMENTE PARA A UNIDADE DE DANZA DA XUNTA, SUPÓN O SEU DEBUT EN GALICIA

O Centro Coreográfico conta co prestixioso coreógrafo sueco Johan Inger para a súa nova produción contemporánea Documento anexo

[12/03/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria conta co coreógrafo sueco Johan Inger para a nova produción de danza contemporánea que o Centro Coreográfico Galego (CCG) estreará o 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. ‘Full House’ é o título da peza que Inger ideou especificamente para a súa montaxe pola unidade de danza da Xunta no que é, ademais, o primeiro traballo en Galicia deste recoñecido creador, coreógrafo asociado do Nederlands Dans Theater (NDT) e director artístico durante cinco anos do Cullberg Ballet.

A NOVA PRODUCIÓN DO CDG ESTRÉASE O 22 DE MARZO E PERMANECERÁ NA CARTELEIRA COMPOSTELÁ ATA O 6 DE ABRIL

Á venda as entradas para as funcións no Salón Teatro de 'Longa viaxe cara á noite' Documento anexo

[27/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria abriu a venda anticipada de entradas para as funcións do espectáculo ‘Longa viaxe cara á noite’ que o Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá na súa sede, o Salón Teatro de Santiago. Esta versión da coñecida obra do premio Nobel estadounidense Eugene O’Neill estréase o 22 de marzo e permanecerá na carteleira compostelá ata o 6 de abril para ofrecer sete pases para público xeral (de venres a domingo) e catro matinais concertadas con institutos de bacharelato (mércores e xoves).

O ESPECTÁCULO, INTERPRETADO POR 64 BAILARÍNS E 73 MÚSICOS, REPRESÉNTASE MAÑÁ ÁS 20.00 E O SÁBADO ÁS 18.00

O Pazo da Ópera da Coruña encherase para a estrea do ballet 'A bela adormecida' polo Centro Coreográfico e a Sinfónica de Galicia Documento anexo

[20/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea mañá venres na Coruña o ballet clásico ‘A bela adormecida’, produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), que interpretan un total de 64 bailaríns e 73 músicos. O Pazo da Ópera encherase esta fin de semana durante as dúas primeiras funcións para público xeral do espectáculo, que congregarán máis de 3.200 espectadores. De feito, nestes momentos quedan poucas entradas para o pase de mañá, ás 20.00 horas, mentres que xa están esgotadas todas as localidades para o do sábado, ás 18.00 horas.

CELÉBRASE DESDE HOXE E ATA O SÁBADO 22 CUNHA FUNCIÓN DIARIA ÁS 21.00 HORAS

Comeza no Salón Teatro o XX Festival Internacional de Teatro Universitario con compañías de Galicia, Estados Unidos, Porto Rico, Lituania e Bélxica Documento anexo

[17/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) na organización do XX Festival Internacional de Teatro Universitario (FITU), para o que cede o Salón Teatro como escenario da programación que se desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro sábado 22. Cinco compañías de Galicia, Estados Unidos, Porto Rico, Lituania e Bélxica participan nesta vixésima edición do encontro, que ofrece unha función diaria ás 21.00 horas.

O ESPECTÁCULO ‘GITA ALL’INFERNO’ REPRESÉNTASE ÁS 20.30 H NA SEDE DO CDG COMO ÚNICO DESTINO EN ESPAÑA DA SÚA XIRA PENINSULAR

O Salón Teatro ofrece este sábado a revisión contemporánea de 'A divina comedia' de Dante pola compañía italiana Akròama Documento anexo

[13/02/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa este sábado día 15, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo italiano ‘Gita all’Inferno’ a través do que a compañía sarda Akròama Teatro Stabile d’Innovazione ofrece unha revisión contemporánea de ‘A divina comedia’ de Dante.

Anteriores  1  2  3  4  5  6  7  8  9  10  11  12  13  14  15  16  17  18  19  20  21  22  23  24  25  26  27  28  29  30  31  32  33  34  35  36  37  38  39  40  41  42  43  44  45  46  47  48  49  50  51  52  53  54  55  56  57  58  59  60  61  62  63  64  65  66  67  68  69  70  71  72  73  74  75  76  77  78  79  80  81  82  83  84  85  86  87  88  89  90  91  92  93  94  95  96  97  98  99  100  101  102  103  104  105  106  107  108  109  110  111  112  113  114  115  116  117  118  119  120  121  122  123  124  125  126  127  128  129  130  131  132  133  134  135  136  137  138  139  140  141  142  143  144  145  146  147  148  149  150  151  152  153  154  155  156  157  158  159  160  161  162  163  164  165  166  167  168  169  170  171  172  173  174  175  176  177  178  179  180  181  182  183  184  185  186  187  188  189  190  191  192  193  194  195  196  197  198  199  200  201  202  203  204  205  206  207  208  209  210  211  212  213  214  215  216  217  218  219  220  221  222  223  224  225  226  227  228  229  230  231  232  233  234  235  236  237  238  239  240  241  242  243  244  245  246  247  248  249  250  251  252  253  254  255  256  257  258  259  260  261  262  263  264  265  266  267  268  269  270  271  272  273  274  275  276  277  278  279  280  281  282  283  284  285  286  287  288  289  290  291  292  293  294  295  296  297  298  299 Ver novas anteriores

Escolle o apartado que máis che interesa clicando nas celas: